DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2009 Páx. 8.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2009, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a proposta de selección dos alumnos desta comunidade autónoma que participarán na actividade de Aulas da Natureza no ano 2009.

Por Orde do 19 de xaneiro de 2009 (DOG do 12 de febreiro), a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para a realización de actividades de Aulas da Natureza durante o ano 2009.

Efectuada a valoración de solicitudes polas comisións provinciais previstas no punto 4.1 da devandita orde, e conforme a proposta conxunta da comisión constituída con tal fin nesta dirección xeral, e en función das atribucións que me foron conferidas pola orde de referencia.

RESOLVO:

Propoñer a selección de alumnos para participar na actividade de Aulas da Natureza que se sinalan no anexo que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2009.

José Manuel Pinal Rodríguez

Director xeral de Centros e Recursos Humanos

Ver referencia pdf "09500D005P009.PDF"