Mediante o Decreto 82/2009, do 21 de abril, establécense os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, que dependerán funcionalmente da Presidencia da Xunta de Galicia e organicamente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, un destes órganos superiores será a Secretaría Xeral da Presidencia.
Ao abeiro do disposto na disposición transitoria primeira do devandito Decreto 82/2009, do 21 de abril, cómpre determinar a adscrición dos órganos dependentes da suprimida Secretaría Xeral de Análise e Proxección.
Na súa virtude,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Entrementres non se aproben os correspondentes decretos de estruturas orgánicas dos departamentos da Xunta de Galicia, adscríbense os órganos e unidades administrativas dependentes da suprimida Secretaría Xeral de Análise e Proxección, así como todo o persoal dependente dela, á Secretaría Xeral da Presidencia.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2009.
Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza