DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2009 Páx. 8.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2009 pola que se convoca un curso sobre novas tecnoloxías aplicadas á investigación criminal.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Ourense, anúnciase a convocatoria dun curso sobre novas tecnoloxías aplicadas á investigación criminal, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: novas tecnoloxías aplicadas á investigación criminal.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

-Coñecer os fundamentos básicos da investigación policial.

-Saber cales son os apoios documentais e operativos que se poidan utilizar nunha investigación.

-Descubrir a importancia da criminalística en calquera investigación para a posterior confección do sumario e dos resultados penais.

-Ver os fundamentos teóricos e prácticos das novas tecnoloxías aplicadas a esta temática.

Contido.

-A investigación criminal. Características.

-Metodoloxía da investigación criminal.

-Fontes da investigación: humanas, documentais e técnicas.

-Aspectos operativos da investigación policial.

-As novas tecnoloxías e a investigación: o ADN aplicado á criminalística.

-A grafística e o estudo de escrituras, sinaturas e documentos.

-A contribución da policía científica na identificación policial.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal dos corpos de policía local da provincia de Ourense, tendo preferencia aqueles que superaran o curso básico de policía científica do ano 2008.

Prazas ofertadas.

30 prazas.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Ourense.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo a de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 25 de maio.

O persoal que desexe participar nesta actividade deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, asinada polo/a solicitante e obter tamén a sinatura da autoridade do concello da que dependan.

As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Ourense-Departamento de Formación Continua (fax: 988 38 52 15): rúa Progreso nº 30, 32003 Ourense; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 26 de maio de 2009 publicará, tanto a Deputación Provincial de Ourense (Departamento de Formación Continua (teléfono: 988 38 51 42) como a Academia Galega de Seguridade Pública (no sitio web http://agasp.xunta.es), a lista das solicitudes de participación que resultasen seleccionadas.

Obrigas das persoas seleccionadas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo desta. A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: centro cultural da Deputación Provincial de Ourense sito na rúa Progreso nº 30.

Horario: das 16.00 ás 21.00 horas.

Data de comezo: 1 de xuño.

Data de remate: 4 de xuño.

Certificado de asistencia.

Ao remate da actividade entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

5. Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro de 2009, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 4 de febreiro de 2009 (DOG número 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Ourense poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de maio de 2009.

P.A. (Decreto 23/1993, do 11 de febreiro)

Montserrat Bolívar Chinchilla

Secretaria xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "09300D004P018.PDF"