DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2009 Páx. 8.753

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de abril de 2009 pola que se declara de interese galego a Fundación Convento de Herbón e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 82, do mércores 29 de abril de 2009, procede realizar a seguinte corrección:

No primeiro parágrafo, onde di: «... pola que se clasifica de interese a Fundación Convento de Herbón,...», debe dicir: «... pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Convento de Herbón, ...».