DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2009 Páx. 8.745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2009, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de 18 anos nas convocatorias de xuño e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 19 de febreiro de 2009, DOG do 4 de marzo, pola que se establecen as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos, prevé no artigo 5.1º que a dirección xeral competente en materia de formación profesional e ensinanzas especiais convocará as citadas probas nos meses de xuño e setembro de forma ordinaria e no punto 2 que establecerá as datas de matrícula e celebración, así como os centros en que se van realizar.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición primeira da orde de referencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2009, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

Primeiro.-Condicións das persoas aspirantes.

1. Poderanse inscribir para a realización das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. As persoas solicitantes matriculadas de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, nivel II, nas modalidades presencial ou a distancia, para facer a inscrición nas probas libres deberán presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial. A renuncia realizarase con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da devandita renuncia á solicitude. O incumprimento deste requisito implica a perda do dereito á avaliación nas probas libres.

3. Para a realización das probas, as persoas aspirantes acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Segundo.-Contidos da proba.

1. As áreas constitutivas da proba están integradas nos seguintes ámbitos:

a) Ámbito da comunicación. Abrangue exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira.

b) Ámbito científico-tecnolóxico. Abrangue exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía, e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.

c) O ámbito social. Abrangue exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos da percepción correspondentes ás materias de educación plástica e visual, e música.

2. Os departamentos territoriais, dous días antes da data de realización das probas, enviarán un funcionario acreditado para recoller os protocolos de exames na Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Logo de recibidos os protocolos entregaránselle aos presidentes ou ás presidentas dos tribunais designados para avaliar as probas en presenza do xefe ou xefa territorial e do xefe ou a xefa do Servizo Provincial de Inspección, ou do persoal funcionario en quen deleguen.

3. Os departamentos territoriais adoptarán todas as medidas necesarias para que en ningún caso se poida coñecer o contido das probas antes da súa aplicación.

Terceiro.-Sede onde se realizarán as probas.

1. Provincia da Coruña:

-Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero, 3 A Coruña.

-Centro EPA de Santa María de Caranza, rúa Luis de Requeséns s/n. Ferrol.

-IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n. Santiago de Compostela.

2. Provincia de Lugo:

-Centro EPA de Albeiros, parque da Milagrosa, s/n. Lugo.

3. Provincia de Ourense:

-Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4. Ourense.

4. Provincia de Pontevedra:

-Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º. Vigo.

-Centro EPA Río Lérez, avda. de Buenos Aires, s/n. Pontevedra.

Cuarto.-Matrícula.

1. A solicitude de matrícula axustarase ao modelo que figura no anexo I e efectuarase na secretaría do centro onde se desexe realizar as probas.

2. Os prazos de matrícula serán:

-Proba de xuño: do 18 ao 28 de maio, ambos os dous incluídos.

-Proba de setembro: do 1 ao 4 de setembro, ambos os dous incluídos.

3. Cada departamento territorial, a través dos medios de comunicación, dará coñecemento público dos prazos, dos centros para a matrícula e das datas das probas dispostas nesta esolución.

4. O día seguinte ao pechamento da matrícula de cada convocatoria, os directores dos centros en que se realizou a matrícula deberán comunicar por fax aos respectivos departamentos territoriais e á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa o número de aspirantes que solicitan a realización da proba.

5. As persoas matriculadas para a convocatoria do mes de xuño, se non superan a totalidade dos grupos da proba, consideraranse matriculadas para a convocatoria de setembro sen que teñan que presentar nova documentación.

Quinto.-Data e normas de realización.

1. As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 17 de xuño e 9 de setembro para as respectivas convocatorias.

2. A sesión da mañá terá dúas partes: na primeira, das 9.30 ás 12.30 horas, realizaranse as probas do ámbito científico-tecnolóxico; na segunda, das 12.30 ás 14.00 horas, realizaranse as probas do ámbito social.

Na sesión da tarde, das 16.00 ás 19.45 horas, realizaranse as probas do ámbito da comunicación. A sesión da tarde dará comezo ás 16.00 horas e comprenderá os exercicios de:

a) Lingua galega e literatura.

a.1) Exercicio de redacción.

O tribunal elixirá un tema para llelo propor ás persoas aspirantes. O tema elixido debe ter preferentemente un contido de tipo social ou cultural e de ampla difusión local, autonómica, estatal ou internacional.

Na valoración da redacción que realicen as persoas aspirantes terase en conta o xeito de estruturar os datos e os feitos, a coherencia da exposición, o vocabulario empregado, a presentación do tema e o dominio da ortografía.

O tempo para a realización será de tres cuartos de hora como máximo.

a.2) Cuestións de lingua galega e literatura.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

b) Lingua castelá e literatura.

b.1) Exercicio de redacción.

Aterse ao disposto no punto a.1 para a lingua galega e literatura.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

b.2) Cuestións de lingua castelá e literatura.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

c) Lingua estranxeira.

O tempo para a súa realización será de tres cuartos de hora.

Sexto.-Avaliación e puntuación das probas.

1. A avaliación das probas será por ámbitos de coñecemento e correspóndelle facela ao equipo de profesorado que compoña o tribunal en función da súa especialidade. Este profesorado, cando exista discrepancia na cualificación dalgún ámbito, actuará de maneira colexiada para establecer a cualificación definitiva das probas. Unha vez avaliados os tres ámbitos, no caso de que algunha persoa teña avaliado negativamente un só ámbito, o tribunal poderá revisar novamente se se lograron, en termos globais, os obxectivos establecidos para a etapa nese ámbito, e modificar a nota proposta en sentido positivo.

2. Entenderanse alcanzados os obxectivos cando, segundo o xuízo do tribunal, a persoa aspirante amose un grao de adquisición das capacidades que lle permita incorporarse ao mundo laboral, así como proseguir a aprendizaxe ao longo da vida. O tribunal poderá, cando o considere oportuno, convocar as persoas aspirantes a unha entrevista que sirva para aclarar posibles dúbidas sobre a valoración dese grupo de materias.

3. As persoas para quen o tribunal determine que non procede a proposta de expedición do título de graduado en educación secundaria obrigatoria por non teren acadados os obxectivos xerais desta etapa nun grao suficiente conservarán para sucesivas convocatorias as cualificacións positivas obtidas nos termos de suficiente, ben, notable e sobresaliente no ámbito ou nos ámbitos superados. Tales cualificacións deberán ser tidas en conta polos tribunais en sucesivas convocatorias, polo que non cumprirá volver realizar as probas dos ámbitos superados para proceder á proposta do título de graduado en educación secundaria obrigatoria.

4. As persoas aspirantes que acrediten ter superado algún grupo de materias nas probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2008 ou anteriores quedarán eximidas da realización da proba nos grupos de materias avaliadas positivamente, axustando de forma porcentual a cualificación do punto VI, epígrafes 7 e 8, desta resolución.

5. Quen acreditara ter superada algunha materia do cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, algún módulo número catro dos diferentes ámbitos de educación secundaria de persoas adultas ou algún módulo voluntario de programas de cualificación profesional inicial recollidos no anexo III, quedará eximido da realización da proba dos ámbitos correspondentes. A cualificación dos ámbitos exentos axustarase, de xeito porcentual, á cualificación do punto VI, epígrafes 7 e 8, desta resolución.

6. Durante o período de matrícula, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro onde realizan a proba solicitude de exención de lingua galega para os efectos de que non sexa obxecto de avaliación nesa convocatoria.

Para solicitar a exención da materia de lingua galega utilizarase o modelo que figura no anexo II desta resolución, no cal se expresará a razón pola que se solicita a exención das previstas no artigo 15.1º do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade ou dun país estranxeiro con lingua oficial castelá. As persoas candidatas procedentes doutra comunidade autónoma presentarán, ademais, copia cotexada da documentación en que se acrediten os últimos estudos realizados.

O director ou a directora do centro, de conformidade co artigo 16.2º do Decreto 124/2007, do 28 de xuño, resolverá sobre a concesión ou a denegación da exención e fará pública tal circunstancia no taboleiro de anuncios e comunicaranllo ao presidente ou á presidenta do tribunal que corresponda, polo menos tres días antes da data de realización da proba.

Contra a resolución da dirección do centro cabe interpor recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o xefe ou xefa territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Ver referencia pdf "09200D001P005.PDF"

10. Cualificación global da proba.

a) Logo de avaliada a proba, no prazo de dez días, a presidencia do tribunal fará pública a listaxe provisional de persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por ámbito, no taboleiro de anuncios do centro.

b) Contra a cualificación provisional da proba poderase presentar reclamación ante a presidencia do tribunal no prazo de dous días posteriores ao da publicación das listaxes provisionais.

c) Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a listaxe provisoria de persoas aprobadas, e aquelas que aproben os tres ámbitos terán superada a proba.

d) Contra a cualificación definitiva da proba poderase interpor recurso de alzada ante o xefe ou xefa territorial do departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

e) Logo de rematado o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal entregará na secretaría do centro as actas de cualificación e demais documentación relacionada coa proba para a tramitación de documentación e custodia.

f) Á vista das actas de cualificación, as persoas candidatas serán propostas polo centro para expedir o título de graduado en educación secundaria obrigatoria, a través da aplicación de xestión administrativa de centros (Xade).

Sétimo.-Tribunal.

1. O tribunal estará constituído por un inspector ou unha inspectora de educación que actuará como presidente ou presidenta, e catro vogais pertencentes aos corpos de catedráticos ou de profesorado de ensino secundario, preferentemente que estean a impartir educación secundaria de persoas adultas no nivel II, designados polo xefe ou xefa do departamento territorial. Na composición do tribunal garantirase que exista un membro do profesorado que imparta docencia no ámbito de comunicación en idioma estranxeiro, e outros dous que impartan docencia nos ámbitos científico-tecnolóxico e social.

2. De se presentaren persoas con necesidades educativas especiais que soliciten recoñecemento de necesidades específicas para realizar as probas, segundo o anexo IV e sempre que o departamento territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o considere necesario, o tribunal adoptará as medidas que se coiden oportunas para facilitar a realización das probas.

3. Os membros do tribunal poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

6. Logo da realización da proba, o tribunal facilitará a cada participante unha certificación coas cualificacións dos ámbitos, así como a proposición para expedición do título utilizando os anexos V e VI, se procede, e cubrirá a ficha estatística que se xunta como anexo VII. A ficha estatística remitiráselle á xefatura do Servizo Provincial de Inspección, desde onde, co visto e prace do inspector xefe ou da inspectora xefa, se enviará á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa antes do próximo 30 de xullo para a convocatoria de xuño e antes do 8 de outubro para a convocatoria de setembro.

Disposición derradeira

Única.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2009.

José Luis Mira Lema

Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Ver referencia pdf "09200D001P005.PDF"