DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2009 Páx. 8.636

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2009 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) durante o primeiro trimestre de 2009.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, o Igape publicará as subvencións concedidas ao abeiro das bases reguladoras das axudas do Igape no Diario Oficial de Galicia, expresando beneficiario, finalidade, contía e aplicación orzamentaria.

Así mesmo, o Igape tamén publicará as subvencións concedidas en vía de recurso ao abeiro das súas bases reguladoras, unha vez vistos os recursos interpostos contra as resolucións dos expedientes instruídos ao abeiro das súas bases reguladoras e tras propoñer para concesión os proxectos aprobados nos recursos estimados.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape durante o primeiro trimestre de 2009, que figura como anexo I.

Segundo.-Dar publicidade á relación de beneficiarios das axudas concedidas polo Igape en vía de recurso durante o primeiro trimestre de 2009, que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.

Álvaro Álvarez-Blázquez Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

Norma reguladora:

Resolución do 7 de novembro de 2007 (DOG nº 216, do 8 de novembro) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de dúas liñas de financiamento subsidiado de producións audiovisuais e investimentos en bens de equipo, que realizarán as Pemes do sector audiovisual galego, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Regulan o obxecto, requisitos e procedemento de tramitación de dúas liñas de financiamento subsidiado para facilitar o acceso ao financiamento de producións audiovisuais e investimentos en bens de equipo nas Pemes do sector audiovisual galego.

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/10/01.656700, 02.01.E5/10/01.656701, 02.01.E5/10/01.656702 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Norma reguladora:

Resolución do 4 de marzo de 2008 (DOG nº 47, do 6 de marzo) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das Pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Facilitar o acceso ao financiamento nos investimentos das microempresas, dos emprendedores e das Pemes que melloren a súa competitividade.

Aplicación orzamentaria:

02.01.E1/13/01.656701, 02.01.E1/13/01.656702, 02.01.E1/13/02.656701, 02.01.E1/13/02.656702, 02.01.E4/13/01.656701, 02.01.E4/13/01.656702 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 12 de marzo de 2008 (DOG nº 55, do 18 de marzo) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras dos incentivos a proxectos de investimento empresarial.

Finalidade:

Teñen como finalidade fomentar o dinamismo empresarial na Comunidade Autónoma galega.

Aplicación orzamentaria:

02.02.E1/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 3 de abril de 2008 (DOG nº 69, do 10 de abril) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para a habilitación dunha liña de financiamento específica para as empresas galegas produtoras de mexillón, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as asociacións de produtores colaboradoras.

Finalidade:

Creación e posta en marcha dun mecanismo que lles facilite ás Pemes galegas produtoras de mexillón, directamente ou a través das súas asociacións, o financiamento da venda da súa produción ás depuradoras e á industria transformadora, mediante o desconto bancario de letras de cambio aceptadas e obrigas de pagamento á orde asinada polos seus clientes para o pagamento de facturas emitidas desde o 1 de xaneiro de 2008 ata o 30 de abril de 2008.

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/10/01.656700, 02.01.E5/10/01.656800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 15 abril de 2008 (DOG nº 76, do 21 de abril) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2008, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Finalidade:

Apoio ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 28 de abril de 2008 (DOG nº 84, do 2 de maio) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o apoio financeiro aos investimentos das empresas do sector do transporte público de viaxeiros por estrada, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e o Instituto Galego de Promoción Económica.

Finalidade:

Apoio financeiro aos investimentos promovidos por empresas pertencentes ao sector do transporte público de viaxeiros por estrada, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que supoñan unha mellora da eficiencia enerxética no transporte, a redución de gases contaminantes e favorecer o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

Aplicación orzamentaria:

02.02.E2/10/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 9 de maio de 2008 (DOG 92, do 14 de maio de 2008) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas.

Finalidade:

Facilitar a internacionalización da empresa galega poñendo ao seu alcance liñas de axuda financeira que apoien a súa presenza exterior.

Aplicación orzamentaria:

01.04.E3/10/01.651700, 01.04.E3/10/01.651800 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo, asinado o 9 de xullo de 2008.

Finalidade:

Definir o termos da colaboración entre as sociedades de garantía recíproca domiciliadas en Galicia e o Igape, para facilitar o financiamento das pequenas e medianas empresas con centros de actividade na Comunidade Autónoma de Galicia que necesiten levar a cabo investimentos para a súa creación, ampliación ou modernización, e que se encontren con problemas para obter financiamento bancario, posibilitándoselles o acceso a préstamos.

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/12/02.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 4 de novembro de 2008 (DOG nº 215, do 5 de novembro) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.

Finalidade:

Facilitar o acceso ao financiamento por parte das Pemes co obxecto de adecuar e reforzar a súa estrutura financeira.

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

ANEXO II

Norma reguladora:

Resolución do 5 de novembro de 2007 (DOG nº 220, do 14 de novembro) pola que se procede á convocatoria de determinadas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

Finalidade:

Fomentar os proxectos de investimento empresarial de carácter tecnolóxico nas Pemes.

Aplicación orzamentaria:

02.02.E2/10/03.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D010P024.PDF"

Norma reguladora:

Resolución do 15 abril de 2008 (DOG nº 76, do 21 de abril) pola que se lles dá publicidade ás bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2008, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades financeiras.

Finalidade:

Apoio ao financiamento obtido polas pequenas e medianas empresas que promovan investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia ou no estranxeiro, mediante algunha das liñas ICO 2008 do Instituto de Crédito Oficial (ICO).

Aplicación orzamentaria:

02.01.E5/10/01.656700 dos orzamentos do Instituto Galego de Promoción Económica.

Ver referencia pdf "09100D011P052.PDF"