DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2009 Páx. 8.634

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2009 pola que se convoca un curso sobre función policial, estranxeiría e interculturalidade.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial de Pontevedra, anúnciase a convocatoria dun curso sobre función policial, estranxeiría e interculturalidade, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: función policial, estranxeiría e interculturalidade.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

-Afondar na sensibilización dos corpos de seguridade respecto da diversidade étnica e cultural, que garanta a igualdade de trato e a non-discriminación.

-Coñecer a normativa necesaria en materia de estranxeiría.

-Saber como resolver situacións conflitivas con cidadáns estranxeiros, así como tamén todos os posibles problemas que se lles poidan presentar na rúa.

Contido.

-Réxime comunitario e réxime xeral de estranxeiría.

-Réxime de entrada, estadía e residencia.

-Actuación operativa en materia de estranxeiría.

-Policía e interculturalidade.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal dos corpos de policía local da provincia de Pontevedra.

Prazas ofertadas.

30 prazas.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP de Pontevedra.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo para de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 25 de maio.

O persoal que desexe participar nesta actividade deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial de Pontevedra-Área de Recursos Humanos e Formación (fax: 986 80 41 41), avenida Montero Ríos, s/n, 36001 Pontevedra; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 26 de maio de 2009 publicarán, tanto a Deputación Provincial de Pontevedra (Área de Recursos Humanos e Formación, teléfono: 986 80 41 00, extensión 306/307) como a Academia Galega de Seguridade Pública (no sitio web http://agasp.xunta.es), a listaxe das solicitudes de participación que resultasen seleccionadas.

Obrigas das persoas seleccionadas.

As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Pazo da Cultura, Pontevedra.

Horario: das 16.00 ás 21.00 horas.

Data de comezo: 1 de xuño.

Data de remate: 4 de xuño.

Certificado de asistencia.

Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela.

5. Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro de 2009, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp, aprobado por Orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG número 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial de Pontevedra poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 5 de maio de 2009.

P.A. (Decreto 23/1993, do 11 de febreiro)

Montserrat Bolívar Chinchilla

Secretaria xeral da Escola Galega

de Administración Pública

Ver referencia pdf "09100D009P022.PDF"