DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2009 Páx. 8.632

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2009 pola que se convoca un curso sobre medición de ruídos.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009, en virtude do convenio de formación asinado entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Deputación Provincial da Coruña, anúnciase a convocatoria dun curso sobre medición de ruídos, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: medición de ruídos.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 20.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

-Coñecer a normativa de aplicación á problemática dos ruídos na sociedade actual.

-Saber cal é a diversa casuística que pode presentarse no traballo da policía local e como se pode dar resposta axeitada a cada situación.

-Manexar os sistemas, aparellos e software de aplicación a medida e control dos niveis de ruído tanto en lugares pechados como nas vías públicas.

Contido.

-Actualización na normativa legal.

-Supostos prácticos.

-Coñecemento técnico e manexo práctico dos sonómetros.

-Elaboración e confección de informes.

-Coñecemento práctico de aplicacións específicas para a solución desta problemática.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal dos corpos de policía local da provincia da Coruña.

Prazas ofertadas.

30 prazas.

Publicación.

Esta actividade formativa, e tamén todas aquelas que se desenvolvan en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 25 de maio.

O persoal que desexe participar nesta actividade deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

As instancias deberán enviarse á Deputación Provincial da Coruña-Servizo de Asistencia a Municipios (fax: 981 08 03 54) avenida Alférez Provisional, s/n, 15006 A Coruña; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 26 de maio de 2009 publicarán, tanto a Deputación Provincial da Coruña (Servizo de Asistencia a Municipios (teléfono: 981 08 03 00)) como a Academia Galega de Seguridade Pública (no sitio web http://agasp.xunta.es), a listaxe das solicitudes de participación que resultaren seleccionadas.

Obrigas das persoas seleccionadas.

As persoas que resulten seleccionadas, teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con, cando menos, 48 horas de antelación ao comezo desta. A dita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 22.

Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúna os requisitos exixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, en relación co artigo 46 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro).

4. Desenvolvemento da actividade.

Lugar: Carballo. Para determinar.

Horario: das 16.00 ás 21.00 horas.

Data de comezo: 1 de xuño.

Data de remate: 4 de xuño.

Certificado de asistencia.

Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela.

5. Baremación da actividade.

Para os efectos do previsto nos anexos II e III da Orde do 28 de xaneiro de 2009 da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, publicada no DOG do 2 de febreiro de 2009, esta actividade terá unha baremación de 0,300 puntos.

6. Dereitos e deberes do alumnado participante.

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp aprobado pola orde da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 4 de febreiro de 2009 (DOG número 30, do 12 de febreiro).

7. Modificacións e incidencias.

Tanto a Academia Galega de Seguridade Pública como a Deputación Provincial da Coruña poderán modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 5 de maio de 2009.

P.A. (Decreto 23/1993, do 11 de febreiro)

Montserrat Bolívar Chinchilla

Secretaria xeral da Academia Galega

de Seguridade Pública

Ver referencia pdf "09100D008P020.PDF"