1. Mediante resolucións do 18 e do 31 de marzo de 2009 do director xeral de Política Financeira e Tesouro, por delegación do conselleiro de Economía e Facenda, concedéronse as axudas polas contías que se reflicten no anexo, convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.
2. O financiamento das subvencións concedidas imputouse segundo a aplicación orzamentaria 07.05.621A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.
En virtude do exposto anteriormente,
RESOLVO:
Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios de axudas concedidas o 18 e o 31 de marzo de 2009 ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008, que figura como anexo.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2009.
Eugenio García Lalinde
Director xeral de Política Financeira e Tesouro
Ver referencia pdf "09100D002P007.PDF"