DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 04 de maio de 2009 Páx. 8.253

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 16 de abril de 2009 pola que se declara de interese galego a Fundación Xavier Pousa e se ordena a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Advertido erro na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 79, do venres 24 de abril de 2009, procede realizar a seguinte corrección:

No primeiro parágrafo, onde di: «... pola que se clasifica de interese a Fundación Xavier Pousa, ...», debe dicir: «... pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Xavier Pousa, ...».