DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 04 de maio de 2009 Páx. 8.248

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 29 xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.

Advertidos erros na Orde do 29 xaneiro de 2009 pola que se que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 21, do 30 de xaneiro de 2009, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 2.029, no número 2.a do artigo 4º, onde di: «(ou de concentración parcelaria, segundo o anexo 12, se é o caso, nos supostos previstos no número 2 do artigo 6º desta orde)», debe dicir: «(ou de concentración parcelaria, segundo o anexo 12, se é o caso, nos supostos previstos no número 2 do artigo 11º desta orde)».

-Na páxina 2.032, no artigo 10º, número 2, alínea d, onde di: «Carga gandeira: relación entre o número de UGM e as hectáreas de superficie con aproveitamento gandeiro da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal a que teña dereito», debe dicir: «Carga gandeira: relación entre o número de UGM e as hectáreas de superficie con aproveitamento forraxeiro da explotación, incluídas as de aproveitamento comunal a que teña dereito».

-Na páxina 2.052 no artigo 81º, número 2 , alínea b, nos seus puntos 6 e 7, onde di: «6. Utilización dos recursos forraxeiros da explotación.

7. Apicultura en zonas fráxiles», debe dicir: «6. Utilización racional dos recursos forraxeiros da explotación.

7. Apicultura para a mellora da biodiversidade en zonas fráxiles».

-Na páxina 2.053, no artigo 86º, alínea c, onde di: «Comprometerse, formalmente, a manter a actividade agraria en zonas desfavorecidas, polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, salvo xubilación ou causa de forza maior», debe dicir: «Comprometerse, formalmente, a manter a actividade agraria en zonas desfavorecidas, polo menos durante os cinco anos seguintes á data en que cobre a indemnización, salvo causa de forza maior. No caso de xubilación do solicitante, este deberá traspasar os compromisos de mantemento da actividade agraria a outro agricultor».

-Na páxina 2.054, no artigo 89º, número 2.2., substitúese a alínea c, polo seguinte texto: «Solicitantes que sexan beneficiarios, na presente campaña, dalgunha das submedidas de axuda a produtores agrarios que establezan métodos de produción respectuosos co ambiente e de conservación da paisaxe, xa sexan das definidas no período de programación 2000/2006, xa das incluídas dentro do PDR 2007/2013. Por ser beneficiario das submedidas de control/produción integrada ou de agricultura/gandaría ecolóxica, recoñeceránselle a aquel 10 puntos por submedida solicitada e aprobada. Para as outras, 5 puntos por submedida subscrita e aprobada».

-Na páxina 2.055, no artigo 89º, número 2.2., alínea d, onde di: «Baremo: -Se a superficie en concellos Rede Natura é = 50% da superficie total da explotación: 6 puntos.», debe dicir: «Baremo: -Se a superficie en concellos Rede Natura é maior ou igual ao 50% da superficie total da explotación: 6 puntos».

-Na páxina 2.055, no art. 92º, elimínase o número 2.

-Na páxina 2.057 substitúese o parágrafo da disposición transitoria primeira polo seguinte texto: «As solicitudes formuladas ao abeiro da normativa autonómica, nacional e comunitaria reguladora do réxime de pagamento único, das axudas a produtores de determinados cultivos herbáceos e das primas en beneficio dos produtores de carne de ovino e cabrún, dos produtores de vacún, prima por sacrificio e prima láctea, dos que manteñen vacas nutrices, pagamentos adicionais de vacas nutrices, pagamentos adicionais de carne de vacún de calidade, pagamentos adicionais no sector lácteo e indemnización compensatoria e das axudas previstas no contrato de explotación sustentable en campañas anteriores, ás cales non se lles concedeu a subvención solicitada, poderanse ter en conta nesta convocatoria. A tramitación dos expedientes continuará no trámite en que se encontraban no momento da finalización do exercicio anterior».

Por outra banda, advertidos erros na corrección de erros da Orde do 29 xaneiro de 2009 pola que se que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 37, do 23 de febreiro de 2009, cómpre facer as seguintes correccións:

-Na páxina 3.712, no anexo 1, o cadro «Resumo de documentos segundo as axudas solicitadas» modifícase de xeito que se elimina a marca «X» nas columnas de encabezamento RSA e PAG, dentro das axudas agroambientais na subliña número 5, «Razas autóctonas en perigo de extinción», e, por outra banda, tamén na columna de encabezamento PA, dentro das axudas ao benestar animal nas dúas subliñas de porcino ao aire libre: explotación de ceba e explotación de reprodutoras.

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8.b, no número 3 engádese o seguinte parágrafo: «Se o solicitante de indemnización compensatoria dá o seu consentimento expreso para que a Dirección Xeral de Estruturas e Infraestruturas solicite e consulte nos ficheiros da Seguridade Social os datos referentes á súa situación e ao encadramento naquela, poderase prescindir da presentación da dita acreditación».

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8.c, na epígrafe 1.1, parágrafo 3º, onde di: «-Último TC1 e TC2 e copia do contrato de traballo dos asalariados, se os houber.», debe dicir: «- Último TC1 e TC2 ou informe de vida laboral da empresa. En ambos os dous casos achegarase ademais copia do contrato de traballo de cada un dos asalariados».

- Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8.c, na epígrafe 1.1, engádese un 4º parágrafo que di: «-De solicitar a consideración de UTA familiares non cotizantes, deberá de presentarse unha declaración xurada, asinada polo titular ou comuneiro, de que tales familiares traballan na explotación e dependen economicamente do titular/comuneiro. Para constatar a dependencia económica na declaración de IRPF do titular/comuneiro, deberá de achegarse ademais copia de tal declaración.»

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8.c, na epígrafe 1.2, parágrafo 2º, onde di: «-Último TC1 e TC2 e copia do contrato de traballo dos asalariados non socios, se os houber.», debe dicir: «-Último TC1 e TC2 ou informe de vida laboral da empresa. En ambos os dous casos achegarase ademais copia do contrato de traballo de cada un dos asalariados non socios, se os houber.»

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8.d, parágrafo 1º, onde di: «Certificado de inscrición no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Agrarias de Produción expedido polo Craega, en que se relacionan as parcelas (referencias SIXPAC) e as superficies acollidas á produción ecolóxica con indicación da súa utilización», debe dicir: «Certificado de inscrición no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Agrarias de Produción expedido polo Craega, en que se relacionan as parcelas (referencias SIXPAC) e as superficies acollidas á produción ecolóxica con indicación da súa utilización, de ser o caso.»

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8., parágrafo 2º, onde di : «Certificado de inscrición no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Agrarias de Produción no subsector animal expedido polo Craega, en que se relacionen as parcelas (referencias SIXPAC)) e as superficies acollidas á produción ecolóxica con indicación da súa utilización», debe dicir: «Certificado de inscrición no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Agrarias de Produción no subsector animal expedido polo CRAEGA, en que se relacionen as parcelas (referencias SIXPAC)) e as superficies acollidas á produción ecolóxica con indicación da súa utilización, de ser o caso.»

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8., parágrafo 3º, onde di : «Certificado de pertenza a unha entidade asociativa que teña como fin a mellora e conservación das razas autóctonas puras en perigo de extinción», debe dicir: «Certificado de pertenza a unha entidade asociativa que teña como fin a mellora e conservación das razas autóctonas puras en perigo de extinción , de ser o caso.»

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8., parágrafo 4º, onde di : «Certificado de inscrición dos animais de razas autóctonas en perigo de extinción polos que solicita axuda no correspondente libro xenealóxico da raza (agás os cabalos de pura raza galega, para os cales non é preciso certificado)», debe dicir: »Certificado de inscrición dos animais de razas autóctonas en perigo de extinción polos que solicita axuda no correspondente libro xenealóxico da raza (agás os cabalos de pura raza galega, para os cales non é preciso certificado), de ser o caso».

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8., parágrafo 5º, onde di: «Autorización da comunidade de montes para o uso dalgunha das súas parcelas con referencia SIXPAC», debe dicir: «Autorización da comunidade de montes para o uso dalgunha das súas parcelas con referencia SIXPAC, de ser o caso».

-Na páxina 3.714, no anexo 1, alínea b.8., parágrafo 6º, onde di: «Certificado da denominación de orixe ou de viño da terra da superficie de viña incluída no CES», debe dicir: «Certificado da denominación de orixe ou de viño da terra da superficie de viña incluída no CES, de ser o caso».

-Na páxina 3.728, no anexo 1, o impreso IC «Solicitude de indemnización compensatoria de zonas desfavorecidas» susbstitúese polo que se xunta.

-Na páxina 3.741, no anexo 1, o impreso DC2 «Axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable de terras agrarias 2009» susbstitúese polo que se xunta.

-Na páxina 3.748, no título do procedemento contido no anexo 7 onde di: «SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DA DECLARACIÓN DO SISTEMA DE IDENTIFICACIÓN XEOGRÁFICA DE PARCELAS (SIXPAC)», debe dicir: «SOLICITUDE DE MODIFICACIÓN DO SISTEMA DE IDENTIFICACIÓN XEOGRÁFICA DE PARCELAS AGRÍCOLAS (SIXPAC)».

-Na páxina 3.748, no número 3.-SOLICITUDE, DECLARACIÓN, COMPROMISO, LUGAR, DATA E SINATURA, onde di: «SOLICITA a modificación do contido do SIXPAC referido á parcela/recinto (rísquese o que non proceda) que se indica», debe dicir: «SOLICITA a modificación do contido do SIXPAC referida ao recinto que se indica».

-Na páxina 3.760, no anexo 20, número 2, onde di: «Ambos módulos de base serán obxecto dun incremento do 20% no caso de que o solicitante teña subscrito, como titular exclusivo ou cotitular dunha explotación, un contrato de explotación sustentable.», debe dicir: «Ambos os módulos de base serán obxecto dun incremento do 20% no caso de que o solicitante, como titular exclusivo ou cotitular dunha explotación, teña aprobada algunha das liñas de axuda contidas no contrato de explotación sustentable.»

-Na páxina 3.761, no anexo 20, subdivisión 4.3, no cadro de encabezado «Provincia: 15 -A Coruña», na columna «Código» e para a fila correspondente a Vilasantar, onde di: «15089», debe dicir: «15090».

-Engádese o anexo 23: «Compromiso dos beneficiarios do contrato de explotación sustentable coa entidade de aconsellamento ou xestión».

Ver referencia pdf "08500D005P008.PDF"