DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 04 de maio de 2009 Páx. 8.247

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2009 pola que se lles dá publicidade aos beneficiarios de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos (Diario Oficial de Galicia número 249, do 24 de decembro).

1. Mediante Resolucións do 3 de marzo de 2009, do director xeral de Política Financeira e Tesouro, por delegación do conselleiro de Economía e Facenda, concedéronse as axudas polas contías que se reflicten no anexo, convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro de pagamentos protexidos.

2. O financiamento das subvencións concedidas imputouse segundo a aplicación orzamentaria 07.05.621A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Dar publicidade á relación de beneficiarios de axudas concedidas con data do 3 de marzo de 2009, ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008, que figura como anexo.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2009.

Eugenio García Lalinde

Director xeral de Política Financeira e Tesouro

Ver referencia pdf "08500D003P007.PDF"