DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2009 Páx. 8.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLO XERAL DO PODER XUDICIAL

REAL decreto 620/2009, do 14 de abril, polo que se nomea presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra a Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 26 de marzo de 2009, e de conformidade co establecido nos artigos 127.2º e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Nomeo presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra a Francisco Javier Menéndez Estébanez, maxistrado con destino na mesma Audiencia Provincial, en provisión da vacante producida por dimisión do anteriormente nomeado.

Dado en Madrid o 14 de abril de 2009.

Juan Carlos R.

Francisco Caamaño Domínguez

Ministro de Xustiza