DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2009 Páx. 8.178

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 29 de abril de 2009 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento do director e os vogais do Consello de Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

O artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, de creación do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), conforme a denominación actual do organismo establecida pola disposición adicional quinta da Lei 7/2002, do 27 de decembro, dispón que o Consello de Dirección estará formado polo seu presidente, un vicepresidente, o seu director, cinco vogais e un secretario, correspóndelle o nomeamento dos vogais e do director ao conselleiro do Medio Rural.

O compromiso do Goberno galego cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no funcionamento da Administración da Xunta de Galicia plásmase nesta orde ao posibilitar que as funcións e facultades inherentes á dirección do Fogga sexan realizadas por un director xeral da consellería.

Xa que logo, cómpre o cesamento do director e dos vogais do Consello de Dirección do dito organismo autónomo e nomear os novos titulares dos órganos de dirección do Fogga.

Na súa virtude e no uso da competencias que me atribúen os puntos 3º e 4º do artigo 4 da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1º e 14.1º do Decreto 128/1996, do 14 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cesen Edelmiro López Iglesias, como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), e Alberte Souto Souto, Xosé Carballido Presas, José Luis Díez Díez e Orlando Pablo Vázquez Yáñez como vogais do Consello de Dirección do Fogga, en representación da Consellería do Medio Rural, agradecéndolles os servizos prestados.

Artigo 2º

Nomear o director xeral de Produción Agropecuaria, José Álvarez Robledo, como director do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga).

Artigo 3º

Nomear as seguintes persoas como vogais do Consello de Dirección do Fogga, en representación da Consellería do Medio Rural:

-Jorge Atán Castro, secretario xeral da Consellería do Medio Rural.

-Antonio Crespo Iglesias, director xeral de Desenvolvemento Rural.

-Tomás Fernández-Couto Juanas, director xeral de Montes.

-José Luis Díez Díez, subdirector xeral de Programas Feaga.

Disposición adicional

Para os efectos do disposto nos artigos 4.2º da Lei 7/1994, do 29 de decembro, e 9.1º b) do Decreto 128/1996, do 14 de marzo, o vicepresidente do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) será, por razón do seu cargo, o director xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2009.

Samuel Jesús Juárez Casado

Conselleiro do Medio Rural