DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2009 Páx. 7.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2009 pola que se convoca un curso básico de auxiliares de policía local.

Dentro das actividades programadas para o ano 2009 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública, anúnciase a convocatoria dun curso básico de auxiliares de policía local, conforme as seguintes bases:

1. Datos da actividade.

Denominación: básico de auxiliares de policía local.

Tipo: curso.

Horas lectivas: 40.

Modalidade: presencial.

Obxectivos.

Dotar os auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa función como auxiliares temporais dos corpos de policía local.

Contido.

-Intervención policial.

-Tráfico e seguridade viaria.

-Policía administrativa.

-Primeiros auxilios.

-Aplicacións policiais básicas do dereito penal e procesual-penal.

-Relacións co cidadán.

2. Desenvolvemento da convocatoria.

Destinatarios/as.

Persoal seleccionado e proposto polos concellos, que puidese prestar servizo como auxiliar de policía local de forma temporal, de acordo co previsto nos artigos 47 a 49 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais. Para estes efectos, como se recolle no artigo 48.2º do citado decreto, non terán a obriga de facer o dito curso as persoas que o superasen nos últimos 4 anos, é dicir, a partir do ano 2005.

Prazas ofertadas: sen límite.

3. Solicitudes de participación.

Prazo de inscrición e presentación.

O prazo para de inscrición e presentación de solicitudes de participación rematará o día 15 de maio.

Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade Pública (avda. da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, fax: 886 20 61 22), no cal figure a lista de persoas seleccionadas, que puidesen ser contratadas como auxiliares de policía local, para efectuar a correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

Listaxe de solicitudes seleccionadas.

O día 19 de maio de 2009 a Academia Galega de Seguridade Pública publicará no taboleiro de anuncios e no sitio web http://agasp.xunta.es as solicitudes de participación recibidas que cumprisen os requisitos anteriores.

4. Desenvolvemento da actividade.

Presentación: as persoas admitidas a este curso deberán presentarse ás 9.30 horas do día 25 de maio.

Lugar: sede da Academia Galega de Seguridade Pública.

Horario lectivo: das 10.00 ás 14.00 e das 16.00 ás 20.00 horas.

Datas: do 25 ao 29 de maio.

Certificado de superación do curso.

Ao remate da actividade entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nela, e superen as probas que se determinen, se é o caso.

5. Modificacións e incidencias.

A Academia Galega de Seguridade Pública poderá modificar o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 14 de abril de 2009.

P.S. (Disposición primeira Orde 31-1-2008,

DOG nº 23, do 1 de febreiro)

María Isabel Durántez Gil

Directora xeral de Interior