DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2009 Páx. 7.829

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de abril de 2009 pola que se autoriza o cambio de denominación da Escola de Educación Infantil Calvo Sotelo de Marín, na provincia de Pontevedra.

Tendo en conta o disposto no artigo 8 punto 1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Marín.

Localidade: Marín.

Código de centro: 36014982.

Denominación: Escola de Educación Infantil Calvo Sotelo.

Nova denominación: Escola de Educación Infantil O Grupo.