DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 23 de abril de 2009 Páx. 7.828

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de abril de 2009 pola que se autoriza a posta en funcionamento dun instituto de educación secundaria no concello de Ponteareas, provincia de Pontevedra.

Polo Decreto 75/2009, do 4 de marzo (DOG do 14 de abril), créase o instituto de educación secundaria de Ponteareas.

En consecuencia, esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 1 do Decreto 585/2005, do 29 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autorizar a posta en funcionamento do centro segundo os datos que figuran no anexo desta orde.

Segundo.-Autorizar a Secretaría Xeral e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para adoptar as medidas precisas para a execución desta orde.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Ponteareas.

Localidade: Ponteareas.

Enderezo: Barrio Barral, s/n.

Centro: instituto de educación secundaria de Ponteareas.

Código de centro: 36024781.

Unidades: 16 unidades de educación secundaria.