DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2009 Páx. 7.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2009 pola que se lles dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de setembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008 (Diario Oficial de Galicia número 187, do 26 de setembro).

O artigo 14 da orde reguladora dispón: «Unha vez que finalice o prazo de presentación de solicitudes publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación, no Diario Oficial de Galicia, das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 10.02.741A.771.0, ao abeiro da Orde do 8 de setembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras para a concesión das subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2009.

P.D. (Orde 31-1-2006; DOG nº 24)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria

Ver referencia pdf "07600D004P033.PDF"