DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2009 Páx. 7.680

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de abril de 2009 pola que se autoriza o cambio de denominación do Colexio de Educación Infantil e Primaria Doutor Eijo Garay de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Tendo en conta o disposto no artigo 8, punto 1º, do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2009.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Código de centro: 36010241.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Doutor Eijo Garay.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Illas Cíes.