DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2009 Páx. 7.654

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

ORDE do 1 de abril de 2009 pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas ao cofinanciamento da prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2009.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23º, atribúelle á comunidade autónoma competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20º da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais establece, no seu artigo 53, que nos orzamentos xerais da comunidade autónoma se consignarán as cantidades necesarias para facer fronte ao cumprimento dos gastos derivados do exercicio das competencias da Xunta de Galicia en materia de servizos sociais, así como á súa participación no financiamento de servizos, programas e prestacións do sistema. Así mesmo, o artigo 54 expresa a obriga dos concellos de consignar nos seus orzamentos as cantidades necesarias para a creación, o mantemento, a xestión e o desenvolvemento dos servizos sociais da súa competencia.

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, de conformidade co establecido no Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 517/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da dita vicepresidencia, é o departamento da Xunta de Galicia ao cal lle corresponde o exercicio das competencias e funcións en materia de política de servizos sociais, sen prexuízo das competencias expresamente atribuídas a outras consellerías.

Nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 existe crédito adecuado e suficiente para o financiamento das subvencións previstas nesta orde nos estados de gastos correspondentes á Dirección Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

Esta orde regula a convocatoria de subvencións ás corporacións locais para o cofinanciamento de programas sociais comunitarios incluídos no Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais, dun primeiro nivel de atención a sectores de poboación con problemáticas diferenciadas, de proxectos destinados a garantir a accesibilidade e supresión de barreiras, de servizos de atención ás persoas en situación de dependencia, de investimentos en equipamentos de servizos sociais e de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, todos eles executados polas corporacións locais de Galicia, de conformidade co establecido na normativa estatal básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e do regulamento que a desenvolve, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo; na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no regulamento que a desenvolve, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; no texto refundido da Lei de réxime

financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, normativa á cal, en consecuencia, se adaptará a esta orde, atendendo, en todo caso, aos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade e igualdade e non-discriminación.

Prevese nesta orde o financiamento necesario para a xestión por parte dos servizos sociais dos concellos dos servizos de competencia municipal orientados á atención a persoas en situación de dependencia, nomeadamente o servizo público de axuda no fogar regulado na Orde do 22 de xaneiro de 2009. Este servizo está incluído no catálogo de prestacións e servizos establecidos como dereito na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, prestacións que se integran no sistema galego de servizos sociais mediante o Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente, e en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, desenvolvida polo Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e mais o Decreto 517/2005, do 6 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

Esta orde ten por obxecto regular as bases polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás corporacións locais para o cofinanciamento dos servizos sociais da súa competencia e proceder á súa convocatoria.

Artigo 2º.-Servizos sociais subvencionables.

Terán o carácter de subvencionables os seguintes servizos sociais:

1. Servizos sociais comunitarios de competencia municipal, nas súas modalidades de:

1.1. Servizos sociais básicos, de carácter polivalente, que garantan o acceso universal ao sistema de servizos sociais. Mediante estes servizos, prestados desde os centros municipais de servizos sociais, asegurarase o exercicio das seguintes funcións:

a) O estudo e diagnóstico social.

b) A elaboración dun plan de intervención comunitario.

c) A identificación de grupos de poboación vulnerables e a detección precoz de situacións de risco para o desenvolvemento de actuacións de carácter preventivo e de promoción social.

d) A atención das situacións individuais, a información en relación coas demandas presentadas, o diagnóstico e a valoración técnica previa e a consecuente intervención no caso.

e) A participación na xestión das prestacións económicas e o seguimento dos correspondentes proxectos personalizados de intervención nos termos establecidos na normativa específica en materia de inclusión social.

f) A xestión do servizo de axuda no fogar, así como a participación na xestión das prestacións destinadas a garantir a autonomía persoal e a atención á dependencia, nos termos establecidos na normativa que resulte aplicable.

g) A información, a orientación e o asesoramento a toda a poboación, facilitando o seu acceso aos recursos sociais.

h) O fomento da participación activa da cidadanía mediante estratexias socioeducativas que impulsen a solidariedade e a cooperación social organizada.

Dentro das actividades que se desenvolvan nos centros municipais de servizos sociais, serán obxecto de financiamento os programas básicos de información, orientación e asesoramento; de axuda no fogar e apoio á unidade de convivencia; de prevención e inserción social; de aloxamento alternativo; de fomento de cooperación social e todos aqueles que se leven a cabo para o exercicio das funcións anteriormente enumeradas.

1.2. Servizos sociais comunitarios específicos mediante os que se desenvolvan programas e xestionen centros orientados a colectivos con problemáticas identificadas e singulares, tales como persoas maiores, persoas con discapacidade, colectivos en risco de pobreza e exclusión social, etc... procurando a súa normalización e reincorporación social ou como espazo de tránsito a un servizo especializado. Os ditos servizos poderán prestarse nos seguintes equipamentos:

-Centros de servizos sociais.

-Centros de acollida.

-Albergues e outros equipamentos de inclusión social.

-Outros equipamentos de apoio ao traballo social comunitario.

Ademais, para os efectos de garantir a dispoñibilidade dos recursos necesarios para a xestión dos servizos de competencia municipal incluídos no catálogo establecido na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, financiarase especificamente o servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia valorada de acordo co procedemento establecido no Decreto 176/2007, do 6 de setembro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e o dereito ás prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia na Comunidade Autónoma de Galicia e as normas que o desenvolven.

En todo caso a organización do servizo de axuda no fogar municipal rexerase polo disposto na Orde do 22 de xaneiro de 2009.

2. Proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados polas corporacións locais de Galicia, que se financiarán de forma autónoma e separada respecto das actuacións enumeradas nos puntos anteriores.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais galegas que desexen implantar ou teñan a titularidade dos centros ou servizos que se mencionan no artigo anterior, para o que deberán estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

Artigo 4º.-Tipos de subvencións.

Os tipos de subvencións que se poderán solicitar son os seguintes:

1. Para financiamento de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal nas seguintes modalidades:

a) Gastos derivados da retribución do persoal adscrito aos ditos servizos.

b) Gastos de mantemento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, comprendendo exclusivamente os gastos de desprazamento do persoal técnico por razóns de servizo, os gastos derivados da súa formación continua, e os gastos de funcionamento de centros directa e inmediatamente destinados á prestación de servizos a persoas usuarias do sistema, tales como albergues, casas de acollida, vivendas comunitarias, centros ocupacionais, etc... Exclúese o financiamento dos gastos de mero mantemento de instalacións e equipamentos (auga corrente, enerxía eléctrica, subministracións de materiais consumibles, etc...) correspondentes ás oficinas municipais de servizos sociais comunitarios, que en todo caso correrán por conta da corporación.

c) Gastos de xestión e realización de programas sociais comunitarios, tanto os de carácter básico ou polivalente, destinados á poboación en xeral, como os de carácter específico ou sectorial, destinados aos sectores de poboación con problemáticas diferenciadas. Inclúese aquí a modalidade do programa de axuda no fogar dirixida a atender unidades familiares ou usuarios individuais que non teñan un dereito recoñecido polos órganos competentes no marco do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia. Ademais deste programa, terán consideración prioritaria para o seu financiamento durante 2009 os que desenvolvan as actuacións relacionadas no anexo XI.

d) Gastos derivados da prestación do servizo de axuda no fogar para persoas valoradas como dependentes de acordo co procedemento establecido.

e) Investimentos de capital, comprendendo:

-Adquisición de inmobles.

-Construción de nova planta.

-Reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento de edificios e instalacións.

-Accesibilidade e supresión de barreiras.

-Equipamento mobiliario, financiándose exclusivamente os equipamentos directa e inmediatamente destinados á prestación de servizos sociais e excluíndose o financiamento dos equipamentos para oficinas municipais de servizos sociais comunitarios (mobiliario de oficina, equipamentos informáticos, material de arquivo, etc...), por entender que deben ser asumidos polas corporacións locais titulares dos ditos servizos.

2. Para financiamento da execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano.

3. As corporacións locais beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde unicamente poderán subcontratar a xestión e realización dos programas e a prestación dos servizos sociais aos que se refiren as alíneas c) e d) do punto 1, así como a execución dos investimentos de capital relacionados na alínea e) do mesmo punto 1, agás a adquisición de inmobles, e a execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano do punto 2, podendo subcontratar o 100% do importe de cada un dos correspondentes programas, investimentos ou proxectos subvencionados, de conformidade co previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, consonte o establecido no artigo 43.3º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a administración concedente poderá realizar as actuacións necesarias para comprobar o custo así como o valor de mercado das actividades subcontratadas.

Artigo 5º.-Compatibilidade con outras subvencións.

1. As subvencións para o financiamento de gastos de persoal concedidas ao abeiro desta orde son incompatibles coas subvencións para o financiamento dos gastos de persoal dos centros de información á muller.

2. Así mesmo, as subvencións para o financiamento de gastos de persoal concedidas ao abeiro desta orde só serán compatibles coas axudas para o desenvolvemento de programas de educación familiar por corporacións locais no suposto en que a través desta orde se subvencione a contratación dun técnico a media xornada e a corporación local achegue a axuda para o desenvolvemento de programas de educación familiar co fin de financiar a súa contratación a xornada completa.

3. Nos demais supostos o único límite á compatibilidade con outras subvencións vén dado pola regra xeral do artigo 17.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que establece que o importe das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos, ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada.

Artigo 6º.-Renovación de subvencións.

Considérase obxectivo de financiamento prioritario para o exercicio 2009 o da renovación das subvencións outorgadas ás corporacións locais durante o exercicio 2008 para os gastos de persoal e do servizo de axuda no fogar, sempre que fosen adecuadamente xustificadas no seu día, e de conformidade coas seguintes condicións:

a) A contía referente aos gastos de persoal calcularase en función da concedida para o ano 2008, cun incremento igual ao sinalado na Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2009, respecto ao persoal ao seu servizo.

b) Na renovación das subvencións para o financiamento do servizo de axuda no fogar diferénciase entre as dúas modalidades de acceso ao servizo establecidas no artigo 13 da Orde do 22 de xaneiro de 2009.

-Consonte co disposto no artigo 16 da Orde do 22 de xaneiro de 2009, as subvencións concedidas en 2008 para o financiamento do servizo de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes renovaranse para o exercicio 2009 aplicando os seguintes módulos económicos, que corresponden ás intensidades máximas para cada grao e nivel de dependencia segundo a modalidade de asignación do recurso (servizo de axuda no fogar como recurso idóneo con dedicación completa, servizo de axuda no fogar como recurso idóneo con dedicación compartida e servizo de axuda no fogar como respiro):

-As subvencións concedidas en 2008 para o financiamento do servizo de axuda no fogar a familias e a persoas non incluídas na alínea anterior (programa básico de axuda no fogar) renovaranse para o exercicio 2009 por contía non inferior á concedida e adecuadamente xustificada no pasado exercicio para esta mesma finalidade. Con carácter xeral non se concederán incrementos para axuda no fogar a familias e persoas que non estean valoradas como dependentes. Ademais, na formulación da solicitude de subvención, deberán terse en conta as economías xeradas por razón da mudanza de modalidade de servizo de persoas que xa eran usuarias deste á nova modalidade de servizo de axuda no fogar para persoas valoradas como dependentes.

c) Para a concesión da subvención no exercicio 2009 será necesaria a presentación, con carácter previo, da avaliación do ano 2008, segundo o modelo establecido, dispoñible na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar). O dito modelo segue as clasificacións do Sistema de Información de Usuarios de Servizos Sociais (SIUSS), ficha social informatizada que deberán implantar de forma progresiva todas as corporacións locais galegas, para o que contarán co apoio técnico da Dirección Xeral de Acción Social. Será indispensable para obter a renovación das subvencións para axuda no fogar outorgadas no exercicio 2008 dar conta do cumprimento do programa mediante relacións específicas das persoas usuarias de cada unha das modalidades do servizo de axuda no fogar, que se incluirán na ficha de avaliación xustificativa da execución dos programas realizados durante o ano 2008. No caso da modalidade de axuda no fogar para persoas valoradas como dependentes incluirase,

en todo caso, na dita documentación, a información relativa ao seu grao, nivel e plan individualizado de atención de acordo co formulario contido no anexo II da propia ficha de avaliación.

d) A renovación da subvención queda condicionada á continuidade das circunstancias que fundamentaron a súa concesión en anos anteriores, nomeadamente á continuidade na prestación dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal nas mesmas condicións de dotación de persoal.

Artigo 7º.-Prestación de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia valorada.

1. Ademais do financiamento consolidado de acordo co establecido no artigo anterior, poderá solicitarse incremento de financiamento para atender novas incorporacións ao servizo de axuda no fogar durante 2009 de persoas con valoración da dependencia dos graos e niveis que correspondan de conformidade co calendario legal de implantación do sistema de autonomía persoal e atención á dependencia: grao 3 nivel 2, grao 3 nivel 1, grao 2 nivel 2 e grao 2 nivel 1.

2. As corporacións locais titulares do servizo xestionarán e recadarán as contías que, en concepto de participación no financiamento do custo do servizo, lles correspondan ás persoas usuarias, de acordo coa súa capacidade económica, en aplicación das regras establecidas na Orde de 22 de xaneiro de 2009 de axuda no fogar.

Artigo 8º.-Financiamento.

Para a concesión das subvencións reguladas nesta orde, existe crédito adecuado e suficiente previsto nos orzamentos xerais da comunidade autónoma:

a) Para o ano 2009, por un importe total de 44.628.997,50 €, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia de modificacións orzamentarias, de conformidade coa seguinte distribución:

-Transferencias correntes, cap. IV (para financiamento de gastos de persoal, mantemento e xestión de programas de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal e para proxectos de desenvolvemento do pobo xitano):

Servizos sociais comunitarios de titularidade municipal:

*05.41.312D.460.0, por importe de 12.138.780,00 €.

*05.41.312E.460.2, por importe de 20.474.668,00 €.

*05.41.313C.460.3, por importe de 10.363.446,00 €.

Proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano:

*05.41.312F.460.2, por importe de 850.000,00 €.

-Transferencias de capital, cap. VII (para financiamento de investimentos de capital: adquisición de inmobles, obras, accesibilidade e eliminación de barreiras arquitectónicas, equipamento mobiliario):

*05.41.312E.760.0, por importe de 202.021,50 €.

*05.41.312E.761.0, por importe de 440.000,00 €.

*05.41.313C.760.2, por importe de 160.082,00 €.

b) Se é o caso, poderán adquirirse compromisos de gasto de carácter plurianual de acordo co establecido no artigo 58 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, con cargo aos anos e aplicacións orzamentarias que se citan:

-Ano 2010:

*05.41.312E.760.0, por importe de 778.540,00 €.

*05.41.312E.761.0, por importe de 350.000,00 €.

*05.41.313C.760.2, por importe de 1.006.408,90 €.

-Ano 2011:

*05.41.312E.760.0, por importe de 667.320,00 €.

*05.41.312E.761.0, por importe de 300.000,00 €.

*05.41.313C.760.2, por importe de 862.636,20 €.

-Ano 2012:

*05.41.312E.760.0, por importe de 556.100,00 €.

*05.41.312E.761.0, por importe de 250.000,00 €.

*05.41.313C.760.2, por importe de 718.863,50 €.

-Ano 2013:

*05.41.312E.760.0, por importe de 556.100,00 €.

*05.41.312E.761.0, por importe de 250.000,00 €.

*05.41.313C.760.2, por importe de 718.863,50 €.

Artigo 9º.-Solicitudes.

1. As solicitudes de subvencións formularanse nos modelos oficiais normalizados que se publican como anexo I e anexo II desta orde:

-Anexo I, para solicitudes de financiamento de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, tanto de carácter básico (aberto á comunidade) como de carácter específico (centrados en grupos con problemáticas identificadas e singulares).

-Anexo II, para solicitudes de financiamento de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano executados por corporacións locais.

2. Todas as peticións de subvencións para servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, tanto de carácter básico como de carácter específico, incluídas as de renovación de subvencións concedidas no exercicio anterior reguladas no artigo 6º, realizaranse nunha única solicitude, á cal se xuntará unha memoria individualizada, asinada polo técnico competente, para cada un dos servizos, programas e investimentos para os que se solicite a subvención, incluíndo a xustificación da subvención solicitada para gastos de mantemento, de ser o caso, de conformidade co previsto no artigo 4.1.b).

3. Todas as peticións de subvencións para a execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano realizaranse nunha única solicitude, á cal se xuntará unha memoria, asinada polo técnico competente, xustificativa das actuacións incluídas dentro do proxecto para o que se solicite a subvención.

4. As solicitudes e a documentación requirida presentaranse, de conformidade cos modelos oficiais normalizados, nas oficinas de rexistro da Administración autonómica ou en calquera rexistro público, sen prexuízo da resolución ulterior do expediente polo órgano competente, de conformidade co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10º.-Publicidade.

1. De conformidade co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e co artigo 13.4º da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar publicará no Diario Oficial de Galicia e na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

2. De acordo coa disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a corporación local solicitante consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como as sancións impostas, de ser o caso, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e Sancións.

Artigo 11º.-Documentación.

1. As solicitudes para o financiamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, tanto de carácter básico como de carácter específico, deberán ir acompañadas da documentación seguinte.

1.1. Documentación xeral:

a) Certificacións do órgano correspondente da corporación local, en que conste o seguinte:

-A contía total da achega da corporación local (ou corporacións locais, no caso de compartir o servizo) destinada ao cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, tanto de carácter básico como de carácter específico, e dos investimentos de capital en servizos sociais incluídos no proxecto presentado para a solicitude da subvención (segundo o modelo do anexo III).

Terase en conta, en todo caso, o disposto no artigo 54 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais.

-Acordo do órgano competente da corporación local de solicitude da subvención e, no caso de continuidade, declaración expresa de que se seguen a prestar os servizos, cando menos nas mesmas condicións do ano anterior.

-Se a dita solicitude se fixese mediante resolución da Alcaldía ou Xunta de Goberno Local, deberá achegarse certificación acreditativa de que lle deu conta ao pleno da corporación local do contido da solicitude ou, subsidiariamente, certificación acreditativa de que se fixo entrega dunha copia da acta de sesión da Xunta de Goberno Local ou da Resolución da Alcaldía en que se acordou a solicitude a todos os membros da corporación.

b) Relación, certificada polo órgano correspondente da corporación local acreditativa da natureza da vinculación, laboral ou funcionarial, do persoal adscrito aos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, e do seu grao de estabilidade, fixo ou temporal, no seu posto de traballo.

c) Declaración do peticionario da subvención en que figure o conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as efectivamente percibidas como as aprobadas ou concedidas, así como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, procedentes das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como calquera outro ingreso ou recurso financeiro que teña como finalidade cofinanciar as actuacións obxecto da subvención (segundo o modelo do anexo IV).

d) Ficha de solicitude de transferencia bancaria xunto coa certificación bancaria das contas correntes en que se ingresará, de ser o caso, o importe da subvención concedida (segundo o modelo do anexo V).

e) Declaración do presidente ou representante legal da corporación local que dea conta da plena incorporación da ficha social SIUSS (Sistema de Información dos Usuarios de Servizos Sociais) á xestión dos servizos sociais comunitarios da dita corporación (segundo o modelo do anexo VI).

f) Memoria individualizada, asinada polo técnico competente do departamento de servizos sociais da corporación, para cada un dos servizos, programas e investimentos para os que se solicite a subvención, incluíndo a xustificación da subvención solicitada para gastos de mantemento, de ser o caso, de conformidade co previsto no artigo 4.1.b).

g) A memoria financeira e a ficha de avaliación xustificativas da execución dos programas realizados durante o ano 2008, cando non estivese xa presentada.

1.2. Documentación específica para as solicitudes de subvencións en que se inclúan gastos de investimento de capital:

a) Adquisición de bens inmobles:

-Certificación do órgano correspondente da corporación local en que se acredite a súa participación no orzamento da adquisición (segundo o modelo do anexo VII).

-Certificación do rexistro da propiedade en que se acredite que o inmoble obxecto de adquisición está libre de cargas, así como a titularidade deste por parte do vendedor.

-Documento de opción de compra, en que se indicará a data de caducidade da devandita opción, así como o seu prezo.

-Certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo o previsto no artigo 28.7º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

-Memoria, asinada polo técnico do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade e viabilidade do equipamento solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

b) Construción, reforma, ampliación, mellora ou acondicionamento (incluídos os proxectos de obra destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas):

-Certificación do órgano correspondente da corporación local en que se acredite a súa participación no orzamento da obra que se vaia realizar (segundo o modelo do anexo VII).

-Certificación do órgano correspondente da corporación local en que se acredite o dominio do solicitante sobre o inmoble ou, se este é alugado ou cedido, certificación en que se fagan constar as condicións da cesión ou aluguer, así como a conformidade do propietario coas obras que se pretenden realizar. Para financiamento de obras é necesario que a cesión ou aluguer teña unha duración mínima de 20 anos de acordo co establecido no artigo 29 do Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.

-Certificación do órgano correspondente da corporación local en que se faga constar que os plans urbanísticos aprobados e as ordenanzas municipais en vigor permiten a realización da obra que se proxecta.

-Proxecto básico das obras que se van realizar ou, no seu defecto, cando a súa redacción non resulte necesaria de acordo coas normas específicas aplicables en función da propia envergadura da obra, memoria e orzamento detallado, asinados por técnico competente, debendo xustificar, en todo caso: a necesidade das obras, o cumprimento da legalidade vixente en materia de accesibilidade e de seguridade e do resto da lexislación de xeral aplicación, nomeadamente do disposto no Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais, en especial, as previsións do seu artigo 7 relativos aos requisitos xerais que deben cumprir os centros de servizos sociais, así como a inexistencia no contorno da obra proxectada de actividades insalubres, molestas, nocivas ou perigosas ou doutras circunstancias que puidesen condicionar o bo funcionamento do centro proxectado.

-Plano da parcela, con indicación de superficie, topografía, orientación, servidumes e infraestruturas existentes.

-Memoria, asinada polo técnico do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade e viabilidade do equipamento solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

c) Equipamento mobiliario (incluídos os destinados a garantir a accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas):

-Certificación da corporación en que se acredite a súa participación no orzamento do equipamento mobiliario que proxecte adquirir (segundo o modelo do anexo VII).

-Certificación do órgano correspondente da corporación local que acredite o dominio do solicitante sobre o centro ou inmoble que se vai equipar ou, se este é alugado ou cedido, certificación en que se fagan constar as condicións da cesión ou aluguer. Para o financiamento da adquisición do equipamento mobiliario dun centro é necesario que a cesión ou aluguer deste teñan unha duración mínima de cinco anos de conformidade ao establecido no artigo 29 do Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.

-Orzamento das adquisicións que se pretendan realizar elaborado por unha empresa subministradora.

-Memoria, asinada por técnico do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa da necesidade do equipamento mobiliario solicitado para mellorar a prestación dos servizos sociais que lle competen.

2. As solicitudes para o financiamento de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano deberán ir acompañadas da documentación seguinte:

a) Certificación do órgano correspondente da corporación local, en que conste a contía da achega da corporación local (ou corporacións locais, no caso de compartir o servizo) destinada á execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano (segundo o modelo do anexo VIII).

b) Certificación do órgano correspondente da corporación local, en que conste o acordo do órgano competente da corporación local para solicitar a subvención.

c) Declaración do peticionario da subvención en que figure o conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as efectivamente percibidas como as aprobadas ou concedidas, así como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, procedentes das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como calquera outro ingreso ou recurso previsto que teña como finalidade cofinanciar as actuacións obxecto da subvención (segundo o modelo do anexo IV).

d) Memoria, asinada polo técnico do departamento de servizos sociais da corporación, xustificativa das actuacións incluídas dentro do proxecto para o que se solicite a subvención, que deberán adecuarse ás actuacións prioritarias para o 2009 relacionadas no anexo IX.

Artigo 12º.-Prazo de presentación das solicitudes.

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 13º.-Emenda da solicitude.

As unidades administrativas da Dirección Xeral de Acción Social responsables da tramitación dos procedementos de concesión de subvencións regulados nesta orde comprobarán que as solicitudes reúnen todos os requisitos exixidos. Se unha solicitude non estivese debidamente cuberta ou non se achegase a documentación exixida, requirirase o interesado, para que, no prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, se lle terá por desistido da súa solicitude, e procederase conforme o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 14º.-Tramitación e comisión de valoración.

1. Unha vez revisados os expedientes, e formalmente completos, remitiranse, no caso de solicitudes relativas a servizos sociais comunitarios de titularidade municipal en xeral, á comisión de valoración das solicitudes para o financiamento de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal e, no caso de solicitudes relativas a proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, á comisión de valoración do plan xitano.

A composición das comisións de valoración será a seguinte:

a) Comisión de valoración das solicitudes para o financiamento de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal:

-Presidente: director xeral de Acción Social.

-Vicepresidente: subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

-Vogais: dous funcionarios da dirección xeral designados pola secretaria xeral do Benestar por proposta do director xeral de Acción Social, a ser posible, entre os funcionarios adscritos ao Servizo de Cooperación coas Corporacións Locais. Actuará como secretario un dos vogais.

b) Comisión de valoración dos proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano:

-Presidente: director xeral de Acción Social.

-Vicepresidente: subdirector xeral de Inclusión Social e Cooperación coas Corporacións Locais.

-Vogais: dous funcionarios da dirección xeral designados pola secretaria xeral do Benestar por proposta do director xeral de Acción Social, a ser posible, entre os funcionarios adscritos ao Servizo de Inclusión Social. Actuará como secretario un dos vogais.

2. Se por calquera causa, no momento en que a correspondente comisión de valoración teña que examinar as solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para os efectos designe o seu presidente.

Artigo 15º.-Criterios de valoración das solicitudes.

1. Para a valoración das solicitudes de subvencións para o financiamento de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, despois de garantir o obxectivo prioritario de financiamento da renovación das subvencións outorgadas ás corporacións locais durante o exercicio 2008 para os conceptos de persoal e axuda no fogar dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal nos termos previstos no artigo 6 desta orde, a correspondente comisión de valoración aplicará os seguintes criterios, entre os que se inclúen as condicións establecidas polo artigo 7 do Decreto 240/1995, do 28 de xullo, regulador da atención primaria, para a participación da Xunta de Galicia no financiamento dos servizos sociais de titularidade municipal, segundo a súa importancia, sinalada en termos de porcentaxe:

-A adecuación dos servizos á planificación e aos ratios de cobertura da Xunta de Galicia: 45%.

-O cumprimento da normativa en materia de equipamentos e programas básicos: 10%. Para facilitar a valoración deste extremo, con anterioridade á reunión da comisión de valoración, o director xeral de Acción Social, como presidente desta, poderá solicitar informe ao respecto da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Centros da Secretaría Xeral da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar. En particular, para a concesión de subvencións para o financiamento de investimentos de capital, terase en conta a situación dos expedientes de autorización e permiso de inicio de actividade dos centros destinados á prestación de servizos sociais dependentes das corporacións solicitantes.

-Os resultados da avaliación do desenvolvemento das actividades dos servizos sociais comunitarios: 10%.

-O esforzo orzamentario das corporacións locais en materia de servizos sociais: 10%.

-A estabilidade no seu posto de traballo do persoal municipal que presta servizos adscrito aos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal: 10%.

-O grao de implantación da ficha social SIUSS (Sistema de Información dos Usuarios de Servizos Sociais) na xestión dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal da corporación local solicitante, como indicador do bo funcionamento deles: 10%.

-O emprego da lingua galega na realización das actividades para a que se solicita a subvención, segundo o previsto no artigo 20.2º 1) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: 5%.

2. Para a valoración das solicitudes de subvencións para execución de proxectos de desenvolvemento do pobo xitano, a correspondente comisión de valoración aplicará os seguintes criterios, segundo a súa importancia, sinalada en termos de porcentaxe:

-A adecuación dos proxectos ás actuacións prioritarias para o 2009, dentro do plan integral para a convivencia e o desenvolvemento social do pobo xitano en Galicia, que se relacionan no anexo IX: 30%.

-O número de destinatarios potenciais do proxecto residentes dentro do termo municipal: 20%.

-A continuidade dos proxectos desenvolvidos en anos anteriores e os resultados da súa avaliación: 15%.

-O carácter integral dos proxectos, de maneira que se aborden conxuntamente actuacións en máis dunha das áreas sinaladas no anexo IX: 10%.

-O esforzo orzamentario das corporacións locais, medido polo peso relativo da achega do corporación local no orzamento global do proxecto: 10%.

-A coordinación dos proxectos das corporacións locais cos desenvolvidos por outras entidades, evitando crear redes paralelas de atención e duplicación de recursos: 10%.

-O emprego da lingua galega na realización das actividades para a que se solicita a subvención, segundo o previsto no artigo 20.2º l) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: 5%.

Artigo 16º.-Resolución.

1. A resolución de concesión das subvencións, por proposta da comisión de valoración correspondente e despois da preceptiva fiscalización pola Intervención Delegada, corresponderalle á secretaria xeral do Benestar, por delegación do vicepresidente da Igualdade e do Benestar.

Estas subvencións poderán formalizarse, de ser o caso, a través de convenios de cooperación coas corporacións locais. A sinatura destes convenios corresponderalle á secretaria xeral do Benestar, por delegación do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, mesmo naqueles supostos en que a súa sinatura deba de ser previamente autorizada polo Consello da Xunta de Galicia.

2. As resolucións de concesión de subvencións serán motivadas e notificaranse ás corporacións locais no prazo de seis meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes, de acordo co establecido no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra a resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa; se non o fose, o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Non obstante, e de conformidade co disposto no artigo 44 da referida lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderase requirir previamente ao órgano que ditou a resolución no prazo de dous meses contados desde a notificación da resolución. O requirimento entenderase rexeitado se non fose contestado no mes seguinte á súa recepción.

Artigo 17º.-Modificación da resolución de concesión.

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou outros ingresos que financien as actividades subvencionadas, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión. A suma das subvencións, axudas, ingresos ou recursos que puidesen obter as corporacións locais beneficiarias para o mesmo concepto ou finalidade que as concedidas ao abeiro desta orde non poderá superar en ningún caso o 100% do custo total dos proxectos desenvolvidos.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución de concesión da subvención, por solicitude do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos do artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior, e con carácter excepcional, poderanse efectuar resolucións complementarias, cando non fose posible resolver de maneira unitaria ou cando se produza unha ampliación do financiamento con cargo a fondos adicionais procedentes de renuncias de subvencións concedidas ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Neste suposto só poderán atenderse solicitudes presentadas dentro do prazo establecido no artigo 11 desta orde.

En todo caso, estas resolucións complementarias outorgaranse consonte a valoración realizada no seu día á vista de todas as solicitudes validamente presentadas e formalmente completas, aplicando criterios de proporcionalidade, e destinaranse á cobertura das necesidades de financiamento adicionais xa constatadas na referida valoración das solicitudes, que non puideron ser cubertas polas resolucións iniciais de concesión de subvencións.

Artigo 18º.-Xustificación e pagamento das subvencións.

1. Para gastos correntes:

1.1. Ao abeiro do establecido no artigo 63.3º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e conforme o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de marzo de 2009, o pagamento das subvencións destinadas ao cofinanciamento de gastos correntes poderá realizarse:

a) O primeiro, do 50% da totalidade da subvención, no momento da súa concesión. Para facer efectivo este anticipo deberá presentarse certificado da corporación local da achega municipal.

b) O seguinte 30% da subvención, sempre que se presente certificación, emitida polo órgano competente (segundo modelo do anexo X), de que os gastos realizados en persoal, mantemento, axuda no fogar-prestación básica, axuda no fogar para persoas valoradas como dependentes e xestión e realización doutros programas igualan ou superan o 80% da cantidade concedida para cada concepto, agás no caso de que nesa data se poida xustificar que a corporación local realizou un gasto igual ou superior á cantidade concedida para cada concepto; neste caso procederase ao aboamento do 100% da subvención, tal como se especifica no punto seguinte.

c) O 20% restante, unha vez presentada pola corporación local certificación, emitida polo órgano competente (segundo modelo do anexo X), do gasto total realizado en cada un dos conceptos subvencionados, acompañada, en todo caso, dunha declaración complementaria do conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as efectivamente percibidas como as aprobadas ou concedidas, así como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, procedentes das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como calquera outro ingreso ou recurso financeiro que teña como finalidade cofinanciar as actuacións obxecto da subvención (segundo o modelo do anexo IV) a que se fai referencia no punto 3 deste artigo, para os fins de acreditar que o gasto total realizado en cada un dos conceptos subvencionados é igual ou superior ao total de subvencións, axudas, ingresos ou recursos recibidos pola corporación local para a mesma finalidade.

1.2. As actuacións obxecto destas subvencións deberán ser realizadas dentro do exercicio orzamentario 2009. O prazo de xustificación de subvencións para gastos correntes concedidos ao abeiro desta orde remata o 15 de novembro de 2009. En todo caso, a documentación xustificativa dos gastos subvencionados deberá ser recibida nos servizos centrais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (Dirección Xeral de Acción Social) con anterioridade o cerramento do exercicio orzamentario 2009, podendo ser imputadas os gastos realizados desde o 1 de xaneiro de 2009 polas corporacións locais polas actuacións obxecto destas subvencións para xustificar as subvencións concedidas con posterioridade ao abeiro desta orde. Cando algunha das prestacións de servizos sociais non se desenvolva na súa totalidade por circunstancias que se acreditarán nos documentos correspondentes á ficha de avaliación do proxecto financiado, os remanentes de crédito que puidesen existir ao remate do exercicio quedarán

adscritos ao mesmo programa de actuación de forma improrrogable para o exercicio seguinte.

2. Para gastos de investimento de capital:

2.1. O prazo de xustificación de subvencións para os investimentos de capital remata o 15 de novembro de 2009 para as subvencións referidas unicamente á anualidade de 2009 e, de ser o caso, o 15 de novembro da anualidade correspondente para subvencións de carácter plurianual que se estendan á anualidades de exercicios futuros.

2.2. Para a xustificación de subvencións para investimentos de capital que comprendan a realización de obras de construción, reforma, mellora, acondicionamento ou eliminación de barreiras arquitectónicas, deberase presentar, ademais: certificación ou certificacións de obra, factura ou facturas e certificación expedida polo órgano correspondente da corporación acreditativa da súa aprobación polo órgano competente. Nos supostos en que a corporación local beneficiaria executase a obra subvencionada pola administración, deberanse achegar facturas xustificativas dos gastos derivados da adquisición de materiais, así como certificación, emitida polo órgano correspondente da corporación local, acreditativa da súa aprobación polo órgano competente e, de ser o caso, certificación, emitida polo órgano correspondente da corporación local, acreditativa dos custos derivados da execución da obra por medio de persoal da corporación local.

2.3. Para a xustificación das demais subvencións para investimentos de capital (adquisición de inmobles ou equipamento mobiliario), abondará con presentar facturas xustificativas dos correspondentes gastos realizados e certificación, emitida polo órgano correspondente da corporación local, acreditativa da súa aprobación polo órgano competente ou, alternativamente, certificación, emitida polo órgano correspondente da corporación local, acreditativa da realización dos mencionados investimentos, dos importes investidos ou executados na acción subvencionada, e do destino dos investimentos subvencionados á finalidade de servizos sociais para a que foron solicitados.

2.4. Para os distintos conceptos relativos a gastos de investimento de capital non se realizarán anticipos. Porén, poderán realizarse pagamentos á conta, ata o 80% da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, a medida que a corporación local beneficiaria presente certificacións acreditativas dos gastos realizados na execución das actividades obxecto de financiamento, de conformidade co establecido no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nesta xustificación poderán incluírse os gastos realizados polas corporacións locais desde o 1 de xaneiro de 2009 nas actuacións obxecto destas subvencións para xustificar as subvencións concedidas con posterioridade ao abeiro da desta orde.

2.5. En todo caso, no momento da xustificación da execución total do investimento subvencionado e antes do derradeiro pagamento, as corporacións locais beneficiarias deberán presentar unha certificación complementaria, emitida polo órgano correspondente da corporación local, que faga constar expresamente que o importe da subvención concedida foi destinado á finalidade obxecto de subvención, acompañada, para o caso de subvencións para execución de obras, dun informe do técnico municipal competente en materia de obras ou arquitecto director de obra, en que se certifique expresamente que a obra se executou segundo o proxecto aprobado que serviu de base á subvención e que cumpre coa legalidade vixente en materia de seguridade, accesibilidade, e co resto da lexislación de xeral aplicación ou para subvencións para adquisición de equipamento mobiliario, informe do técnico municipal de servizos sociais en que se dea conta do equipamento adquirido e se certifique que se corresponde co que foi

obxecto de subvención. Estes informes deberán ser visados polo alcalde-presidente da corporación.

3. No momento da xustificación da execución total do obxecto da subvención concedida e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, as corporacións locais beneficiarias, presentarán unha declaración complementaria do conxunto das subvencións e axudas solicitadas, tanto as efectivamente percibidas como as aprobadas ou concedidas, así como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades, así como calquera outro ingreso ou recurso financeiro que teña como finalidade cofinanciar as actuacións obxecto das subvencións concedidas ao abeiro desta orde (segundo o modelo do anexo IV).

4. Transcorrido o prazo de xustificación sen se ter presentado esta, requirirase a corporación local beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades, e ocasionará, ademais, a perda da posibilidade de renovación das subvencións para futuros exercicios nas condicións previstas no artigo 6 desta orde.

5. Unha vez finalizado o exercicio 2009 e, en todo caso, antes do 31 de xaneiro de 2010, todas as corporacións locais beneficiarias deberán presentar unha memoria financeira e unha ficha de avaliación, xustificativas da execución dos programas realizados durante o ano 2009, segundo os modelos establecidos, dispoñibles na páxina web da Xunta de Galicia (Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar) e, de ser o caso, unha certificación acreditativa do número, grao e nivel de persoas en situación de dependencia valorada atendidas a través do servizo de axuda no fogar municipal ao longo do exercicio.

Artigo 19º.-Obrigas das corporacións locais beneficiarias da subvención.

1. As corporacións locais beneficiarias destas subvencións terán que cumprir coas obrigas xerais que, para os beneficiarios das subvencións, establece o artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en particular as de:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.

f) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

g) Incluír, de ser o caso, os equipamentos adquiridos con cargo ás subvencións concedidas ao abeiro desta orde no inventario de bens e dereitos da corporación local beneficiaria.

h) Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da propia Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

j) Tratar os datos de carácter persoal a que se teña acceso no desenvolvemento das actuacións subvencionadas ao abeiro desta orde segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

2. Non obstante, en virtude do previsto no artigo 48.Un.f) da Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 e ao abeiro do inciso final do primeiro parágrafo do artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como do inciso final do primeiro parágrafo do artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 3 de xuño, de subvencións de Galicia, pola propia natureza das subvencións reguladas por esta orde, as corporacións locais que resulten beneficiarias destas subvencións quedarán exentas de achegar os xustificantes do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou ser debedor por resolución de procedencia de reintegro.

Artigo 20º.-Infracción e sancións.

Será de aplicación aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 21º.-Reintegro das subvencións concedidas.

1. Non se poderá exixir o pagamento da subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da propia Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro previstas nos artigos 11 e 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido en supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, supere o custo da actividade subvencionada.

3. A tramitación do correspondente procedemento de reintegro levarase a cabo conforme o disposto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

4. As cantidades que teñan que reintegrar os beneficiarios terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará aplicable para o seu cobramento o previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro. Así mesmo, estas cantidades tamén poderán facerse efectivas mediante a aplicación da compensación de débedas.

Artigo 22º.-Control e seguimento.

1. Os beneficiarios someteranse ás actuacións de control que efectúe a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o seguimento dos proxectos aprobados, co fin de garantir que as prescricións contidas no convenio-programa do Plan concertado para o desenvolvemento das prestacións básicas de servizos sociais e as finalidades perseguidas polos proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano sexan respectadas.

2. As corporacións locais beneficiarias de subvencións quedan obrigadas a remitir á Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, no prazo dun mes desde que se lles requirise, cantos informes e documentos se consideren precisos para acreditar o cumprimento da finalidade obxecto da subvención concedida.

3. Así mesmo, as corporacións locais beneficiarias quedan sometidas ao control financeiro que lle corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, sen prexuízo das funcións que a Constitución española e as leis lles outorgan ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas de Galicia.

4. Os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral, Consello de Contas ou Tribunal de Contas, no exercicio da súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Disposicións adicionais

Primeira.-Apróbase a delegación de atribucións do vicepresidente da Igualdade e do Benestar na secretaria xeral do Benestar para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para asinar os convenios que poidan derivar da tramitación destas subvencións, e para autorizar e dispoñer os gastos que deriven da tramitación desta orde e propoñer o recoñecemento de obrigas e a ordenación dos correspondentes pagamentos.

Segunda.-As corporacións locais comunicarán os servizos centrais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a aprobación da normativa municipal reguladora do servizo de axuda no fogar en aplicación do establecido na disposición transitoria primeira da Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o dito servizo. Así mesmo, deberán solicitar a correspondente autorización deste servizo de conformidade co disposto no Decreto 143/2007, do 12 de xullo, polo que se regula o réxime de autorización e acreditación dos programas e dos centros de servizos sociais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a secretaria xeral do Benestar para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2009.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "07600D001P006.PDF"

ANEXO IX

Actuacións prioritarias e criterios xerais para a formulación de proxectos promovidos por corporacións locais no marco do Plan integral para a convivencia e o desenvolvemento social do pobo xitano en Galicia

Áreas de actuación prioritarias na definición dos proxectos que se subvencionarán no exercicio 2009:

1. Proxectos enfocados a facilitar os procesos de erradicación do chabolismo e acceso á vivenda normalizada. Especialmente:

a) Desenvolvemento de accións acordadas e incluídas no deseño dos itinerarios individuais de inserción sociolaboral e residencial das persoas e familias incorporadas aos procesos de realoxo.

b) Actuacións de acompañamento, seguimento e educación social cara á preparación do acceso definitivo ou mantemento e convivencia nunha vivenda normalizada.

c) Outras accións positivas positivas en favor das familias xitanas na bolsa de aluguer, campañas de información/formación, intermediación no acceso á vivenda usada, etc...

2. Proxectos enfocados a favorecer, desde o ámbito sociofamiliar, a plena normalización do alumnado xitano. Especialmente:

a) Accións de intervención coas familias para reducir o absentismo escolar.

b) Reforzo e atención especial ás alumnas xitanas para evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria.

c) Creación de espazos de compensación socioeducativa extraescolar e en medio aberto.

3. Proxectos enfocados a mellorar a empregabilidade e a inserción sociolaboral da poboación xitana. Especialmente:

a) Accións de adaptación e desenvolvemento de programas formativos ás características socioculturais da comunidade xitana.

b) Accións de acompañamento dos procesos de inclusión sociolaboral, especialmente das mulleres xitanas, e actividades de intermediación laboral na última fase do itinerario.

c) Accións de acompañamento para creación de emprego autónomo.

4. Proxectos enfocados á promoción integral da saúde. Especialmente:

a) Campañas específicas de educación para a saúde e de sensibilización sobre problemáticas sociosanitarias.

b) Accións de fomento da saúde reprodutiva nas mulleres xitanas.

5. Proxectos enfocados a acadar o acceso maioritario da poboación xitana galega aos servizos normalizados, así como o uso adecuado destes. Especialmente:

a) Reforzo e mellora de itinerarios de inclusión social para persoas beneficiarias de RISGA e outras en risco de exclusión social.

b) Actuacións enfocadas á mellora da eficacia e coordinación dos recursos sociais que inciden na comunidade xitana, incluída a sensibilización e formación dos/as profesionais.

c) Accións dirixidas a procurar o acceso da poboación xitana ás diferentes tipoloxías de bens e servizos da comunidade, tanto públicos como de mercado, en condicións de igualdade de oportunidades.

6. Proxectos enfocados á mellora da participación social. Especialmente:

a) Encontros e outras actuacións que fomenten a participación e a integración, así como a análise sobre melloras neste terreo.

b) Accións de sensibilización social participadas pola comunidade xitana.

c) Celebracións abertas de días sinalados para a comunidade xitana.

d) Obradoiros interculturais de ocio e lecer.

Criterios de formulación dos proxectos:

1. Aplicación do principio de normalización da poboación xitana.

2. Adopción do enfoque intercultural: accións que procuren o desenvolvemento das persoas de etnia xitana nunha perspectiva de fomento da convivencia, a comprensión mutua e a mellora das relacións entre as persoas que conforman a comunidade minoritaria xitana e as do conxunto da sociedade maioritaria.

3. Implicación da propia comunidade xitana no proceso de cambio.

4. Coordinación efectiva no territorio entre recursos públicos e de entidades de iniciativa social.

5. Incorporación da perspectiva de xénero.

Ver referencia pdf "07600D001P006.PDF"

ANEXO XI

Criterios e prioridades de contido dos programas de servizos sociais comunitarios de titularidade municipal para 2009

1. Programas de apoio á unidade de convivencia e/ou destinados á normalización da vida familiar, tales como:

a) Aloxamento alternativo.

b) Atencións complementarias ao servizo de axuda no fogar.

c) Apoio e formación de persoas coidadoras.

2. Programas de prevención e inclusión social e laboral, tales como:

a) Aloxamento alternativo.

b) Formación e acompañamento para inserción sociolaboral en coordinación co II Plan Galego de Inclusión Social.

c) Prevención de condutas aditivas.

3. Programas de apoio a colectivos con necesidades específicas, tales como:

a) Atención psicosocial e familiar vinculada á atención temperá.

b) Intervención con persoas con discapacidade, física, psíquica ou sensorial.

c) Prevención de dependencia.

d) Envellecemento activo.

e) Formación e socialización de persoas con necesidades específicas.

4. Programas de cooperación social, tales como:

a) Promoción do asociacionismo solidario.

b) Promoción e formación do voluntariado.

5. Programas de dinamización e animación sociocomunitaria, tales como:

a) Diagnóstico social participativo.

b) Educación e sensibilización sociocomunitaria.