DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2009 Páx. 7.592

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 81/2009, do 19 de abril, polo que se nomean os titulares dos departamentos da Xunta de Galicia.

Establecida a nova configuración dos departamentos que integran a Xunta de Galicia polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, procede a designación e o nomeamento dos seus titulares.

Na súa virtude, no uso das atribucións que me confiren o artigo 16, número 3º, do Estatuto de autonomía de Galicia e o artigo 26, número 1º, da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Nomear titulares dos departamentos da Xunta de Galicia as persoas que a seguir se relacionan:

-Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Marta Fernández Currás, conselleira de Facenda.

-Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

-Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía e Industria.

-Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

-María del Pilar Farjas Abadía, conselleira de Sanidade.

-Roberto Varela Fariña, conselleiro de Cultura e Turismo.

-Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.

-Samuel Jesús Juárez Casado, conselleiro do Medio Rural.

-Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Mar.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente