DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 20 de abril de 2009 Páx. 7.591

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

PRESIDENCIA

DECRETO 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, número 1º, do mesmo texto legal, e para establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:

-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Consellería de Facenda.

-Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

-Consellería de Economía e Industria.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Cultura e Turismo.

-Consellería de Traballo e Benestar.

-Consellería do Medio Rural.

-Consellería do Mar.

Artigo 2º

A orde de prelación das consellerías é a que se establece no artigo anterior.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da política de austeridade, racionalización e redución do gasto público.

Segunda.-A Consellería de Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezanove de abril de dous mil nove.

Alberto Núñez Feijóo

Presidente

a) CESAMENTOS PRESIDENCIA