DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Sábado, 18 de abril de 2009 Páx. 7.572

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA DO GOBERNO

REAL decreto 630/2009, do 17 de abril, polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo.

De conformidade co disposto nos artigos 152.1º da Constitución e 15.2º do Estatuto de autonomía de Galicia,

Nomeo presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo, elixido polo Parlamento de Galicia na súa sesión dos días 14 e 16 de abril de 2009.

Dado en Madrid o dezasete de abril de dous mil nove

Juan Carlos R.

José Luis Rodríguez Zapatero

Presidente do Goberno