DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 2009 Páx. 7.432

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 14 de abril de 2009 pola que se dispón o cesamento de Emilio Nogueira Moure como presidente do Instituto Galego de Consumo.

En uso das atribucións que me confire o artigo 3.1º do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo,

DISPOÑO:

O cesamento de Emilio Nogueira Moure como presidente do Instituto Galego de Consumo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2009.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria