DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Martes, 14 de abril de 2009 Páx. 7.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo da comisión paritaria do convenio colectivo para as fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia, relativo á revisión salarial para o ano 2009.

Visto o acordo subscrito o 26 de xaneiro de 2009 pola comisión paritaria do convenio colectivo para as fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia, relativo á revisión salarial para o ano 2009, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a inscrición da dita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remitir o texto orixinal ao correspondente servizo deste centro directivo.

Tercero.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2009.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Acta de aprobación de táboas salariais do convenio colectivo das fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia

Sendo as 11.00 horas do día 26 de xaneiro de 2009, nos locais de Financiera Maderera, S.A., en Santiago de Compostela, reúnense as persoas que se relacionan a seguir, integrantes da comisión paritaria do convenio referido.

Parte social:

a) Pola UGT:

-Álvaro Gabino Lois Fernández, DNI 33239000.

-Miguel Ángel Fernández López, DNI 33343201.

-Miguel Álvarez Castiñeiras, DNI 76867198.

-Miguel Ángel Pereiro Balseiro, DNI 34996643.

b) Por CC.OO.:

-Serafín Buceta Cascallar, DNI 33221843.

-Ricardo Figueira Rodríguez, DNI 33264606.

-Esteban Boquete Landeira, DNI 33301270.

-Rubén Cao Rodríguez, DNI 44456788.

En representación da empresa:

-Francisco Roca López, DNI 33851161.

-Javier Portela López, DNI 35256743.

-Modesto Vázquez Vilares, DNI 33287691.

-Luis Castro Besada, DNI 35293016.

-Alejandro Míguez Viqueira, DNI 33279058.

-Pilar Rodríguez Castillo, DNI 34993476.

-Ramón Vázquez Lista, DNI 32753769.

Unha vez constatados os datos de inflación correspondentes ao ano 2008, a comisión paritaria do convenio adopta, por unanimidade, este acordo de aprobación de táboas salariais do ano 2009.

Primeiro.-No convenio colectivo establécese un incremento sobre os conceptos económicos do convenio para o ano 2008 igual ao índice de prezos de consumo (IPC) acumulado de 2008 máis 1 punto.

As táboas salariais a 1 de xaneiro de 2008 calculáronse tomando como referencia unha cifra de IPC previsto do 2%.

Como queira que o IPC acumulado de 2008 atinxiu a cifra do 1,4%, porcentaxe inferior ao IPC previsto e aplicado con incremento salarial en xaneiro, non procede a regularización de conceptos económicos correspondentes ao ano 2008.

Segundo.-De conformidade co disposto no artigo 75 do citado convenio que regula a cláusula de aumento e revisión salarial, en caso de que o IPC acumulado a 31-12-2008 resulte inferior ao inicialmente aplicado, a diferenza entenderase percibida á conta do incremento económico do ano seguinte.

Unha vez que a inflación acumulada de 2008 foi do 1,4%, e que foi inferior ao estimado, o diferencial de 0,6 puntos entenderase percibido á conta do incremento do ano 2009.

Terceiro.-Os importes económicos das táboas salariais aprobadas con efectos do 1-1-2008 servirán como base para calcular o incremento de convenio correspondente ao ano 2009, sobre os cales se aplicará un incremento económico do IPC previsto na Lei de orzamentos xerais do Estado (2%), máis 0,4 puntos, o que supón aplicar un incremento económico do 2,4%.

Cuarto.-As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias para o ano 2009 son os recollidos nos anexos I e II que se xuntan a esta acta, unha vez aplicados os incrementos descritos nos números anteriores.

Os incrementos económicos indicados aplicaranse tamén aos complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do complemento de locomoción, de conformidade co pactado, non sufrirán incremento, mantendo os valores do ano 2003, en que se alcanzou o acordo para o rateo a doce meses do importe anual do complemento de locomoción, que se recolle no anexo III desta acta.

Sexto.-De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes ao complemento de locomoción achegaranse ao plan de xubilación.

O valor do complemento de locomoción medio a 1 de xaneiro de 2009 será de 83,97 €, establecéndose o valor actualizado da achega ao plan de xubilación en concepto de locomoción do ano 2009 en 30,74 € mensuais.

Sétimo.-O complemento de xornada por mes efectivamente traballado ascenderá ás seguintes contías mensuais:

Complementos de xornada Ano 2009

Dúas quendas e xornada partida 101,12 €

Tres quendas 124,81 €

Catro quendas 269,67 €

Catro e medio e cinco quendas 361,43 €

Dúas quendas con tres de persoal 237,31 €

Dúas quendas e media e tres e media 210,94 €

A partir do 1 de xaneiro de 2009, a porcentaxe aplicable ao salario base para retribuír o complemento de nocturnidade será o 28%.

Oitavo.-O importe das compensacións económicas pactadas como compensación por traballo efectivo nos días de Nadal terán para o ano 2009 os valores seguintes:

Días Mañá Tarde Noite

24 de decembro - 40,62 142,15

25 de decembro 121,85 142,15 40,62

31 de decembro - 40,62 142,15

1 de xaneiro 142,15 121,85 40,62

Noveno.-O importe do complemento de continuidade de produción terá un importe de 41,38 euros mensuais a partir do 1 de xaneiro de 2009.

Décimo.-A bolsa de vacacións prevista para o sistema de vacacións da serra terá un valor en 2009 de 189,85 euros.

A compensación por redución do período de vacacións continuado a 14 días por necesidades produtivas, prevista no texto do convenio para os sistemas de dúas e media e tres e media e para a sección de serra, queda establecida en 474,62 € para o ano 2009.

De conformidade co establecido no convenio a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución, quedando establecida no valor de 22,78 € mensuais.

A compensación de transporte para o persoal do centro de Cesures e os traballadores do cadro de persoal de Fibranor establécese en 19,37 € para o ano 2009.

A contía da mellora social pasará a ser de 5,25 € a partir do 1 de xaneiro de 2009.

O quebranto de moeda será de 39,18 € para o 2009.

Décimo primeiro.-O importe do complemento de especialidade de mantemento, unha vez aplicado o incremento, terá os seguintes valores:

Categorías 2009

Oficial 1ª e 2ª 273,12

Oficial 3ª 182,08

Décimo segundo.-O exceso de xornada calcúlase dividindo o salario base anual por categoría ou grupo profesional entre o número de horas de traballo pactadas en cada anualidade, cuxo importe se reflicte no anexo II das táboas salariais do ano 2009.

Décimo terceiro.-As horas funcionais serán retribuídas a razón do 80% do valor da hora extra establecida no anexo II de convenio para cada categoría profesional.

Décimo cuarto.-Delegar en Francisco Roca López, para que presente esta acta e os seus anexos na Dirección Xeral de Traballo, co fin de que lle dea o trámite oportuno e proceda ao rexistro e depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia deste acordo revisión salarial para o ano 2009 do convenio colectivo das fábricas de taboleiro do Grupo Finsa en Galicia.

E en proba de conformidade, ratificando en todos os seus puntos esta acta, os asistentes asinan no lugar e data enriba indicados.

Ver referencia pdf "07000D010P030.PDF"