DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Luns, 06 de abril de 2009 Páx. 6.800

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 62/2009, do 12 de marzo, polo que se aproba a modificación dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Advertidos erros no citado Decreto 62/2009, do 12 de marzo (publicado no DOG nº 60, do 27 de marzo, páx. 6.239), cómpre facer a seguintes correccións:

Onde di «Artigo único.-Aprobar a modificación do artigo 23, primeiro punto, letra a) dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, sendo o texto del o que se recolle no anexo deste decreto.», debe dicir «Artigo único.- Aprobar a modificación do artigo 23, primeiro punto, letra a) e da disposición adicional dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña, sendo o texto del o que se recolle no anexo deste decreto.»

No anexo, onde di: «Modificación dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Artigo 23

Contribucións ao consorcio:

As achegas dos entes consorciados para sufragar os gastos ordinarios de funcionamento do parque efectuaranse da maneira seguinte:

a) Fase de construción e equipamento:

-Xunta de Galicia: 50% do total do orzamento.

-Deputación Provincial da Coruña: 50% do total do orzamento.»

Debe dicir: «Modificación dos estatutos do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña.

Artigo 23

Contribucións ao consorcio:

As achegas dos entes consorciados para sufragar os gastos ordinarios de funcionamento do parque efectuaranse da maneira seguinte:

a) Fase de construción e equipamento:

-Xunta de Galicia: 50% do total do orzamento.

-Deputación Provincial da Coruña: 50% do total do orzamento.

Disposición adicional

O consorcio iniciará o seu funcionamento cos parques de Arteixo, Boiro, Carballo e Ordes.

Os parques de Arzúa, As Pontes, Betanzos, Cee, Santa Comba e a subsede de Ribeira iranse incorporando de xeito gradual, de acordo co calendario que sexa acordado por ambas as dúas administracións.

Así mesmo, por acordo das dúas administracións, adoptado no Pleno do consorcio, o servizo poderá ampliarse coa creación de novos parques e subsedes que aseguren a cobertura da prestación do servizo no correspondente ámbito territorial.»

b) NOMEAMENTOS PARLAMENTO DE GALICIA