DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 02 de abril de 2009 Páx. 6.678

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de marzo de 2009 pola que se aproban os plans para a explotación de poliquetos en Galicia para o ano 2009 e se regula o seu exercicio.

Advertidos erros na Orde do 4 de marzo de 2009, publicada no DOG nº 48, do 10 de marzo de 2009, pola que se aproban os plans de explotación de poliquetos en Galicia para o ano 2009 e se regula o seu exercicio, fanse as oportunas correccións:

Cadro A: plans de explotación de poliquetos.

-Na páxina 5.085: Provincia da Coruña, 2ª fila, CP A Coruña:

Onde di: «Modalidade: a pé, MSAS», debe dicir: «Modalidade: a pé, MA, MSAS».

-Na páxina 5.085: Provincia da Coruña, 4ª fila, CP Ferrol:

Onde di: «Épocas probables de extracción: do 16 de marzo ao 30 de outubro», debe dicir: «Épocas probables de extracción: do 16 de maio ao 30 de outubro».