DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Xoves, 02 de abril de 2009 Páx. 6.662

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se modifica a Resolución do 18 de febreiro de 2009, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2009 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

No DOG nº 52, do 16 de marzo de 2009 publicouse a Resolución do 18 de febreiro pola que se daba publicidade á campaña de prevención da saúde para este ano 2009.

No parágrafo 4º da premisa terceira establecíase que o prazo de inscrición remataría transcorridos vinte días a partir do seguinte ao da publicación da resolución.

Determinadas dificultades técnicas, xurdidas na posta en marcha da aplicación informática de formalización das solicitudes impediu que se puidesen formalizar citas nos primeiros días do prazo inicialmente previsto para inscribirse.

Polo tanto, procede modificar o parágrafo 4º da premisa 3º ampliando o prazo de inscrición. Así pois, o prazo de inscrición rematará o día 30 de abril, agás persoal de nova incorporación e persoal que se incorpore ao traballo logo dunha ausencia prolongada por motivos de saúde.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2009.

Santiago Antonio Roura Gómez

Secretario xeral da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza