DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 01 de abril de 2009 Páx. 6.607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2009 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 18 de marzo de 2008, pola que se regulan as bases polas que se rexerá a concesión de subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria.

De conformidade co disposto no artigo 18.1º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publícanse as subvencións concedidas en virtude da Orde do 18 de marzo de 2008 pola que se regulan as bases por que se rexerá a concesión de subvencións destinadas á prestación de servizos sociais polas corporacións locais e se procede á súa convocatoria (DOG nº 60, do 28 de marzo), modificada pola Orde do 17 de xuño de 2008 (DOG nº 122, do 25 de xuño), pola Orde do 3 de novembro de 2008 (DOG nº 216, do 6 de novembro) e pola Orde do 1 de decembro de 2008 (DOG nº 236, do 4 de decembro).

O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2008 ascendeu a 43.743.937,13 €, repartidos nas seguintes aplicacións dos orzamentos xerais da comunidade autónoma galega para o ano 2008:

-181.523,51 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.312F.460.0;

-544.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.312F.460.2;

-18.164.206,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.312E.460.2;

-12.138.780,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.460.0;

-4.950.398,86 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.460.3;

-691.684,83 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.460.5;

-963.071,99 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.460.6;

-4.300.255,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.312E.760.0;

-472.026,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.312E.761.0;

-2.070,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.760.0;

-499.909,44 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.760.1;

-836.011,50 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.41.313C.760.2.

Ademais, con cargo aos créditos correspondentes á anualidade 2009 das aplicacións orzamentarias 05.41.312E.760.0, 05.41.312E.761.0 e 05.31.313C.760.2, concedéronse subvencións de carácter plurianual pola contía total de 1.547.823,50 € para o exercicio 2009.

Destas subvencións, as destinadas a financiar os gastos correntes de mantemento e realización de programas básicos de servizos sociais de atención primaria correspondentes ao exercicio 2008 foron cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Educación, Política Social e Deporte) nunha contía de 7.937.745,91 €, a través do denominado Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais e, por outra banda, as destinadas a financiar os proxectos para o desenvolvemento do pobo xitano correspondentes ao exercicio 2008 foron cofinanciadas con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Educación, Política Social e Deporte) nunha contía de 213.488,39 €.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2009.

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

Ver referencia pdf "06300D004P023.PDF"