DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Mércores, 01 de abril de 2009 Páx. 6.589

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2009/2010.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG número 47, do luns 9 de marzo de 2009, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 4.920, columna esquerda, artigo 2.1.b), último parágrafo, onde di: «Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as nenas e os nenos de integración logo da emisión do ditame do equipo de orientación específico, dependente da Inspección de Educación en cada delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.», debe dicir: «Non obstante, poderán eximirse do límite de idade as nenas e os nenos de integración logo da emisión do ditame do equipo de orientación para a súa posterior solicitude de flexibilización de escolarización á Inspección Educativa da delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria correspondente.»