DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

En cumprimento do recollido no artigo 6.3º do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, infórmase que, por resolución da Alcaldía do 2 de febreiro de 2009, se aprobaron as bases específicas da convocatoria de selección para a provisión de catro prazas de garda da policía local.

Obxecto da convocatoria: catro (4) prazas de garda de policía local, escala de Administración especial, subescala de servicios especiales, clase de policía local (escala básica), grupo C, subgrupo C1.

Procedemento selectivo: concurso-oposición segundo o recollido na disposición adicional segunda da Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, relativa á integración dos vixilantes e auxiliares de policías e interinos nos corpos da policía local.

Data de publicación das bases no BOP da Coruña: 27 de febreiro de 2009.

O que se comunica para os efectos oportunos.

Sada, 27 de febreiro de 2009.

Abel López Soto

Alcalde