DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO polo que se convoca a licitación, polo procedemento aberto, do contrato das obras do proxecto de ordenación de espazos públicos na Barca, financiado polo Fondo Estatal de Investimento Local.

Entidade adxudicadora: Concello de Poio.

Dependencia: Servizo de Contratación. Número de expediente OB.008.

Obxecto do contrato.

Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto de ordenación de espazos públicos A Barca (área 1). Poio.

Prazo de execución: seis meses.

Tramitación e procedemento de adxudicación.

Tramitación: urxente. Procedemento: aberto.

Tipo de licitación: 600.000 €, IVE incluído.

Garantías: definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

Clasificación: cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Información para obtención de documentación.

Entidade: Concello de Poio, Secretaría, Servizo de Contratación. Domicilio: praza do Mosteiro, 1. CP 36995. Poio; Teléfono: 77 00 01, fax: 77 12 77, correo: contratacion@concellodepoio.es e perfil de contratante concellodepoio.es.

Data límite para obtención de documentación e información: día de remate do prazo de presentación de ofertas.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, das 9.00 ás 13.30 horas, ou por calquera dos medios e lugares establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, durante o prazo de trece (13) días naturais contados a partir da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

Apertura de proposicións.

Faraa a mesa de contratación, no salón de sesións da casa do concello, ás 13.00 horas do terceiro día seguinte hábil, que non cadre en sábado, ao de remate do prazo de presentación de ofertas, agás que se dispoña outra data, que se publicará no perfil do contratante do concello.

Criterios de adxudicación: os indicados na cláusula 15 do PCAP.

Gastos: por conta do adxudicatario, estipulados na cláusula 30 do PCAP.

Poio, 26 de febreiro de 2009.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde