DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERREI

EDICTO de exposición pública do expediente de solicitude de licenza para unha explotación de ceba de gando porcino en Albarellos.

Rosa María Alonso Rivero solicitou nesta Alcaldía a licenza municipal para a instalación dunha explotación de ceba de gando porcino nas parcelas 1.840 e 1.841, do polígono 6, en Albarellos.

Para cumprir co que dispón o artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, o expediente sométese a información pública, durante o prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na secretaría deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Monterrei, 3 de marzo de 2009.

José Luis Suárez Conde

Alcalde