DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria celebrada o día dezaoito de febreiro de dous mil nove, adoptou, entre outros, o acordo 7/116, de modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, así como modificación das bases xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal do seguinte xeito:

-Na base décimo terceira das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal, no parágrafo B) b) engádese un novo parágrafo que di: «As bases específicas determinarán cal dos exercicios previstos nelas se realizará exclusivamente en lingua galega».

-Na base décimo cuarta das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, no parágrafo B) b) engádese un parágrafo que di: «As bases específicas determinarán que proba se realizará exclusivamente en lingua galega».

-Na base décimo sexta das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal, no último parágrafo, onde di: «Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte non poderán transcorrer máis de corenta e cinco días naturais, e deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, prazo a que poderán renunciar os directamente afectados», debe dicir: «Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte non poderán transcorrer máis de corenta días e deberá transcorrer un prazo mínimo de corenta e oito horas».

-Na base décimo sétima das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, no último parágrafo, onde di: «Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte non poderán transcorrer máis de corenta e cinco días naturais, e deberá transcorrer un prazo mínimo de 72 horas, prazo a que poderán renunciar os directamente afectados», debe dicir: «Desde a total conclusión dun exercicio ata o comezo do seguinte non poderán transcorrer máis de corenta días e deberá transcorrer un prazo mínimo de corenta e oito horas».

-Na base vixésima das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda de consolidación de emprego temporal, onde di: «Cumpridos os requisitos precedentes, a Xunta de Goberno local nomeará ou acordará a contratación dos/das aspirantes propostos, que deberán tomar posesión ou formalizar o contrato, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento», debe dicir: «Cumpridos os requisitos precedentes, no caso de que se trate de persoal funcionario, a Xunta de Goberno local nomeará os/as aspirantes propostos, que deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento. No caso do persoal laboral, a Xunta de Goberno local acordará a contratación dos/das aspirantes propostos/as, que deberán formalizar o contrato no prazo dun mes a partir da publicación do acordo de contratación».

-Na base vixésimo primeira das xerais para o acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre, onde di: «Cumpridos os requisitos precedentes, a Xunta de Goberno local nomeará ou acordará a contratación dos/das aspirantes propostos, que deberán tomar posesión ou formalizar o contrato, no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que lle sexa notificado o nomeamento», debe dicir: «Cumpridos os requisitos precedentes, no caso de que se trate de persoal funcionario, a Xunta de Goberno local nomeará os/as aspirantes propostos/as, que deberán tomar posesión no prazo dun mes a partir da publicación do nomeamento. No caso do persoal laboral, a Xunta de Goberno local acordará a contratación dos/das aspirantes propostos, que deberán formalizar o contrato, no prazo dun mes a partir da publicación do acordo de contratación».

Lugo, 26 de febreiro de 2009.

José Rábade Arias

Tenente de alcalde delegado da Área de Réxime Interior e Protección da Comunidade