DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO INCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a oferta de emprego público para 2009.

Provincia: Lugo.

Corporación local: O Incio.

Número de código territorial: 27024.

Oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2009, aprobada pola Resolución da Alcaldía do 18 de febreiro de 2009.

Persoal laboral:

-Nivel de titulación: graduado escolar ou equivalente. Denominación do posto: operario de servizos varios. Número de vacantes: unha.

-Nivel de titulación: graduado escolar ou equivalente e estar en posesión do carné de conducir C1. Denominación do posto: operario de servizos varios e condutor. Número de vacantes: dúas.

O Incio, 18 de marzo de 2009.

Ángel Camino Copa

Alcalde