DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ILLA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o 26 de febreiro de 2009, aprobou inicialmente o estudo de detalle nas parcelas número 5 e 6 da área de reparto número 14 do PXOM da Illa de Arousa, redactado polo arquitecto Rafael González-Cebrián Tello e presentado por Miguel Bello Rial en representación da empresa Promociones Arbella Arosa, o que se expón ao público durante un prazo de vinte días para os efectos da presentación de alegacións ou reclamacións, de conformidade co disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

A Illa de Arousa, 3 de marzo de 2009.

José Manuel Vázquez Vázquez

Alcalde