DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2009, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de vixilancia e seguridade para diferentes puntos de atención continuada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de compras e subministración.

c) Número do expediente: AB-XPL1-09-002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: realización do servizo de vixilancia e seguridade nos seguintes puntos de atención continuada: Pac de Lugo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, mediante procedemento aberto.

c) Lotes: non.

d) Prazo de execución: 12 meses prorrogables.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: criterios valorables de forma automática por aplicación de fórmulas e criterios de cuantificación que dependen de xuízos de valor.

4. Orzamento base da licitación: 181.000 €, IVE non incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: si, 5.400 €.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

b) Enderezo: praza de Ferrol 11-4ª planta.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 29 63 96.

e) Telefax: 982 29 62 28.

f) Tamén poden obterse os pregos no perfil do contratista da páxina web: www.sergas.es.

g) Data límite de obtención da documentación e información: o último día do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: ver pregos.

b) Clasificación: si, ver pregos.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte o da publicación desta resolución no DOG.

Se o último día de presentación coincide en sábado ou día inhábil, na localidade de presentación das ofertas este prazo prorrogase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: ver prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol 11-4ª planta, 27001 Lugo.

9. Apertura das proposicións: a data hora e lugar de realización da mesa de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es.

10. Anuncios: os gastos dos anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 18 de marzo de 2009.

Josefa Díaz Otero

Directora xerente de Atención Primaria