DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AXENCIA DE PROTECCIÓN DA LEGALIDADE URBANÍSTICA

CÉDULA do 10 de marzo de 2009 pola que se notifica o acordo do inicio de expediente de reposición da legalidade urbanística (107 B 2008/151-0), devolta polo servizo de correos por resultar o seu enderezo descoñecido.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística I ditou, con data do 20 de febreiro de 2009, acordo polo que se lle incoa o expediente de reposición da legalidade urbanística nº 107 B 2008/151-0, a Margarita Begoña Eytor Coira, pola execución de obras consistentes na instalación dunha vivenda de madeira prefabricada, así como unha fosa séptica, pozo de captación de auga, contador de electricidade e caseta auxiliar con garaxe aberto, no lugar de Camiño Real a praia de Chanteiro-parroquia de Cervás, no termo municipal de Ares.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

O interesado dispón dun prazo de 15 días para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado denunciado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2009.

Hipólito Pérez Novo

Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística