DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2009, da Secretaría Xeral da Consellería de Traballo, pola que se convoca contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo para o seguimento e control das accións formativas sectoriais e intersectoriais dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas para o exercicio de 2009. (Expediente 13/09).

1. Entidade adxudicadora: Consellería de Traballo.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo para o seguimento e control das accións formativas sectoriais e intersectoriais dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas para o exercicio de 2009.

b) Prazo de execución: será desde a sinatura do contrato ata o 30 de novembro de 2009.

3. Tramitación, procedemento: ordinaria, aberto.

4. Orzamento base de licitación: douscentos sesenta e nove mil trescentos oitenta e nove euros (269.389 €), máis corenta e tres mil cento dous euros con vinte e catro céntimos (43.102,24 €), que corresponden ao 16% do IVE, o que supón un total de trescentos doce mil catrocentos noventa e un euros con vinte e catro céntimos (312.491,24 €).

5. Garantía provisional: non se require.

6. Obtención de documentación e información: Secretaría Xeral da Consellería de Traballo. Edificio administrativo San Lázaro s/n-Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 01 03, Fax: 981 54 01 18- http://www.contratosdegalicia.es

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14:00 horas do día 17 de abril de 2009.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será o Rexistro Xeral da Consellería de Traballo. Edificio Administrativo San Lázaro s/n-Santiago de Compostela.

9. Apertura de ofertas: terá lugar na sala de xuntas da Consellería situada no enderezo indicado no punto 6 ás 10.00 horas do día 27 de abril de 2009.

10. Gastos dos anuncios: 5,42 € euros por liña publicada no DOG. DOUE gratuíto.

BOE. Taxa/liña de título: 14,01 € taxa/liña de texto: 15,57 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 23 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2009.

(Art. 4.dous.1 do Decreto 536/2005)

Pablo Nimo Ríos

Vicesecretario xeral da Consellería de Traballo