DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 11 de febreiro do 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente CO-CON-2008-0048.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servizos múltiples, 5º andar, Monelos (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 11 de febreiro de 2009.

Manuel Tajes Gómez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-CON-2008-0048.

Interesado: Ivan Marfil Sende.

Acto notificado: proposta de resolución.