DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 19 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador S-62/2008, por infraccións do previsto na Lei 2/1996, de Galicia, sobre drogas.

Con data do 20 de xaneiro de 2009, o secretario xeral do Servizo Galego de Saúde da Consellería de Sanidade ditou resolución do expediente sancionador S-62/08, incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Lugo, ao establecemento Café Bar La Unión (Peñon Tapia, S.L.)

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase o establecemento Café Bar La Unión (Peñon Tapia, S.L.) o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia -cta. contable 840-Código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 19 de febreiro de 2009.

Miguel A. Rodríguez Lois

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

1. Nº expediente: S-62/08.

2. Denunciado: Cafe Bar La Unión (Peñon Tapia, S.L.).

3. DNI/NIF: B-27258276.

4. Último enderezo coñecido: r/ Vilalba, s/n, 27700 Ribadeo-Lugo.

5. Feitos imputados:

-Venda de bebidas alcohólicas de máis de 18º a menores de 18 anos.

6. Preceptos infrinxidos:

Artigo 13.1º da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia, sobre drogas.

7. Tipificación: infracción sanitaria grave.

8. Sanción imposta: tres mil cen euros (3.100 €).