DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.337

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2009 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e trámite ordinario, do contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada, de limpeza nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

A Consellería de Cultura e Deporte, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura e Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: limpeza nos centros dependentes da Delegación Provincial da Coruña.

c) Prazo de execución: doce (12) meses, con posibilidade dunha prórroga polo mesmo período de tempo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 238.717,24 €.

IVE (16%): 38.194,76 €.

Importe total: 276.912 €, IVE incluído, desagregado nas seguintes anualidades:

Ano 2009: 161.532 €, IVE incluído.

Ano 2010: 115.380 €, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras e Contratación da Secretaría Xeral. Poderán solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratatosdegalicia.es/resultado.jsp?N=11823

Teléfono: información de índole técnica e de índole administrativa, 981 54 48 71.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación requirida: grupo U, subgrupo 1, categoría B.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do día 24 de abril de 2009.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia, edificio administrativo de San Caetano, 15781-Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 10.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Deporte na data e hora que serán anunciadas, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratatosdegalicia.es/.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de marzo de 2009.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2009.

P.D. (Orde 12-1-2007)

José Carlos Sierra Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Cultura e Deporte