DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente MON-CO-0008-2009 ONA.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola delegada provincial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Delegación Provincial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos-3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 25 de febreiro de 2009.

Olga María García Agra

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0008-2009 ONA.

Denunciado: Telefónica Móviles de España, S.A.

Acto de notificación: acordo de iniciación.