DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.335

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica L.M.T., C.T., R.B.T. Os Muíños (Ribeira). (Expediente 204/2007).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 653 m, con orixe en apoio de formigón proxectado en substitución do nº 88 da L.M.T. Porto do Son-Ribeira, derivación a C.T. Os Muíños, entre os CC.TT. Lixó e Os Muíños, e final no centro de transformación para instalar no lugar dos Muíños, no termo municipal de Ribeira, (expediente nº 204/2007), por resolución desta delegación provincial do 16 de xaneiro de 2008 a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con domicilio na avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinalar os días 13 e 14 de abril de 2009 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Ribeira, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia de datas 9-8-2007, 21-6-2007 e 15-6-2007, respectivamente, acto a que deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos cales que se lles practicará notificación individual sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa consistorial.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de marzo de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña