DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.334

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza o cambio de titularidade do organismo de control autorizado TÜV Internacional Grupo TÜV Rheinland, S.L., que pasa a denominarse TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testin, S.A.

Examinado o expediente de referencia, resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data do 16 de xaneiro de 2009 e número de rexistro 9285 tivo entrada na Consellería de Innovación e Industria a solicitude de cambio de titularidade de organismos de control autorizados, da entidade TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing., S.A., con CIF A59555466 e domicilio social en El Prat de Llobregat, calle Garrotxa 10-12, 3º.

Segundo.-Segundo o certificado nº OC-I/086 emitido pola Entidade Nacional de Acreditación (Enac), TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing., S.A. cumpre os requisitos establecidos no artigo 42 do Real decreto 2200/1995, para a realización das actividades de avaliación da conformidade definidas nos regulamentos segundo se indica no anexo técnico nº OC-I/086, rev. 4, de data do 12-12-2008, do certificado de Enac correspondente.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver de acordo co disposto no Decreto 231/2006, do 23 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria.

Segundo.-A documentación presentada cumpre co establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, e no Decreto 426/2001, do 15 de novembro, polo que se regulan os organismos de control en materia de seguridade industrial e control regulamentario e se crea a Comisión de Coordinación de Seguridade Industrial de Galicia.

Por todo o anterior e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Autorizar a TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing., S.A. como organismo de control autorizado, en substitución de TÜV Internacional Grupo TÜV Rheinland, S.L. por terse producido o cambio de titularidade da entidade. O ámbito regulamentario de actuación esténdese á realización de inspeccións nos campos indicados a continuación, segundo os correspondentes documentos normativos recollidos no anexo técnico nº OC-I/086, rev. 4, de data 12-12-2008, do certificado nº OC-I/086 de Enac.

-Aparellos de presión.

-Aparellos elevadores.

-Instalacións eléctricas.

Esta resolución pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos considerados na lexislación vixente, cando o sexa o citado certificado de Enac, e queda supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

1ª) Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá seguir os trámites establecidos nos artigos 4, 5, 6 e 7 do Decreto 426/2001 para a súa autorización.

2ª) TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing., S.A. deberá cumprir o establecido na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3ª) TÜV Rheinland Ibérica Inspection, Certification & Testing., S.A. deberá cumprir nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia os requisitos establecidos no Decreto 426/2001, do 15 de novembro.

Notifíqueselle esta resolución ao interesado facendo constar que contra a mesma, que non finaliza a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á recepción desta comunicación, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2009.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas