Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: José Ángel Valente, 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Santiso III, Castrofeito.
Situación: O Pino.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en condutor R.H.Z.-1 de 240 mm2 Al, cunha lonxitude de 0,084 km, con orixe no paso aerosubterráneo da L.M.T.A. existente ao C.T. Vilabuíl (expediente IN407A 2001/206-1) e remate no C.T. prefabricado de manobra interior e cunha potencia de 160 kVA denominado Santiso III.
Rede de baixa tensión en condutores R.Z. e X.Z.1 en Santiso, parroquia de Castrofeito. Concello do Pino.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 4 de marzo de 2009.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña