DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ACORDO do 4 de marzo de 2009, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 09/104-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: José Ángel Valente, 17, local 62, 15706 Santiago de Compostela.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Arca III.

Situación: O Pino.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV en condutor R.H.Z.-1 de 240 mm2 Al, cunha lonxitude de 0,207 km, con orixe no C.T. Edificio Solaina (expediente IN407A 2008/207-1) e remate no C.T. prefabricado de manobra interior e cunha potencia de 400 kVA denominado Arca III.

Rede de baixa tensión. Arca, concello do Pino.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de marzo de 2009.

José Luis Barcia Picos

Delegado provincial da Coruña