DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.303

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1111/2008).

Mercedes Rodríguez Fraga, secretaria xudicial do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de demanda 1111/2008 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Emilio de La Fuente Estraviz contra a empresa Lastun Obras, S.L. sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa parte expositiva é do teor literal seguinte:

Ditame:

«Estímase parcialmente a demanda formulada por Emilio de La Fuente Estraviz fronte a Lastun Obras, S.L., e en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demanda Lastun Obras, S.L. ao demandante Emilio de La Fuente Estraviz.

Condénase a Lastun Obras, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que posuía con anterioridade ou o aboamento da indemnización de 978,30 euros, máis, en ambos os casos, ao aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente, que ascenden a 5.217,60 euros, así o que se devengue ata a súa notificación a razón de 43,48 euros diarios.

O Fogasa debe estar e pasar por tales declaracións.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes aos da notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena así como o depósito de 150,25 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número do procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela (A Coruña)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lastun Obras, S.L. en ignorado paradoiro, expido esta notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo que se trate de emprazamento.

En Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2009.

A secretaria xudicial

Rubricado