DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.303

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (30/2009).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número un de Lugo, fago saber:

Que no procedemento de execución 30/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Arsenio López Bergantiños, Pablo Penoucos Rodríguez e Juan Penoucos Rodríguez, contra as empresas Pelober Costrucciones, S.L. e Construcciones López Gemar, S.L., sobre despedimento, se ditou auto cuxa parte dispositiva é o seguinte:

«Non tendo procedido as empresas á readmisión dos traballadores Arsenio López Bergantiños, Pablo Penoucos Rodríguez e Juan Penoucos Rodríguez como así se acordou na sentenza do 30 de decembro de 2008, é procedente substituír a obriga de o readmitir por indemnización e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as empresas Pelober Costrucciones, S.L. e Construcciones López Gemar, S.L., a que aboen aos demandantes as cantidades seguintes:

1. Para Arsenio López Bergantiños 7.724,27 euros (sete mil setecentos vinte e catro euros con vinte e sete céntimos) en concepto de indemnización e 7.444,53 euros (sete mil catrocentos corenta e catro euros con cincuenta e tres céntimos) en concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución.

2. Para Pablo Penoucos Rodríguez 7.087,45 euros (sete mil oitenta e sete euros con corenta e cinco céntimos) en concepto de indemnización e 6.988,41 euros (seis mil novecentos oitenta e oito euros con corenta e un céntimos) en concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución.

3. Para Juan Penoucos Rodríguez 7.572,98 euros (sete mil cincocentos setenta e dous euros con noventa e oito céntimos) en concepto de indemnización e 7.444,53 euros (sete mil catrocentos corenta e catro euros con cincuenta e tres céntimos) en concepto de salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a desta resolución.

Declárase extinguida a relación laboral que unía os traballadores Arsenio López Bergantiños, Pablo Penoucos Rodríguez e Juan Penoucos Rodríguez e as empresas Pelober Costrucciones, S.L. e Construcciones López Gemar, S.L. desde a data desta resolución.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Modo de impugnala: mediante recurso de reposición que se presentará neste xulgado dentro dos cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, a súa soa interposición non suspenderá a executividade do que se acorda (artigo 184-1 da Lei de procedemento laboral)».

E para que lle sirva de notificación a Pelober Costrucciones, S.L. e Construcciones López Gemar, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Lugo, 2 de marzo de 2009.

Rafael González Alió

Secretario xudicial

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA