DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Venres, 27 de marzo de 2009 Páx. 6.302

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (1043/2008).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 1043/2008 por instancia de Ana Castro Carro contra Ingeniería de Instalaciones Industriales, S.A., sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza con data do 2 de marzo de 2009 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Ana Cristina Castro Carro, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa Ingeniería de Instalaciones Industriales, S.A. a que, á súa elección, que efectuará no prazo de cinco días, a readmita no seu posto e condicións de traballo ou a indemnice coa cantidade de 6.904,11 euros, así como a aboarlle en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 10.166,67 euros.

Notifíqueselles esta resolución as partes e fágalles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que deberá anunciar previamente ante este xulgado do social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para interpor recurso, deberá acreditar o ingreso na c/c de consignacións, código 1533.0000.60.1043.08 de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentenza.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte demandante o mesmo salario que tería percibido, estando obrigada esta a prestar os seus servizos á demandada, a menos que prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da demandante.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a Ingeniería de Instalaciones Industriales, S.A., expido e asino esta cédula na Coruña, 3 de marzo de 2009.

O secretario xudicial

Rubricado